Noticias

Cómic "Os perigos de Internet"


O Valedor do Pobo e a  Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende acercar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden encontrar os menores de edad no uso das tecnoloxías e de qué maneira seus comportamientos poden chegar a alterar a convivencia normal nos seus fogares.


O Alcalde realiza unha visita institucional ao 
C.E.I.P Castrillón
Cangas, 23/09/2013
O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo visitou esta mañá o CEIP Castrillón, para reunirse co equipo directivo do centro así como para dar conta das actuacións realizadas e valorar posibles melloras ao longo deste curso 2013-2014 que acaba de comezar.

Fai CLIC na imaxe

XORNADAS INFANTIS DE SALUDE BUCODENTAL

Como gran colaborador da nosa Anpa no Cross anual do centro, a fundación Vitaldent, ofrécenos  unhas invitacións a unhas xornadas infantis de saúde bucodental que repartiremos para os máis cativos.

Como o local é pequeno e pensando en que poidan ir a maior parte de nenos, os cursos nos que se van a repartir van  ser 1º e 2º de primaria.
As xornadas están enfocadas de maneira lúdica para que os nenos aprendan, da man do Ratonciño Pérez e do persoal, a importancia de ter unha boca sana.
Haberá animadores que farán maquillaxe fantasía, xogos con globos, contacontos, daráselle un diploma dos coñecimentos adquiridos e un magnífico regalo.
O obxetivo é de que os nenos perdan un pouco de medo as consultas do dentista.
A invitación ten data e  hora, tedes que poñer o nome do neno e o teléfono e achegar a invitación a Vitaldent ou deixalo á Anpa antes do venres para poder participar o sábado das xornadas.

Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.