A directiva / O Anpa

Actualmente a Directiva da Anpa está formada por:


Presidenta: Rebeca Lobera Gallego
Vicepresidente: Vanesa Abreu Miranda
Secretaria: Lourdes Tomé Pazos
Tesoureiro: Ricardo Bermúdez Parcero
Vogais: Rosa María Castro Paredes
             Belén Piñeiro Campos
             Fara Outeda Núñez
    




Á súa vez, formamos parte da Federación de Anpas “As Gameliñas” xunto ao resto de Anpas dos centros escolares da zona.
 
O Anpa forma unha parte moi importante no funcionamento e na vida do centro. Somos un vínculo de unión entre escola e familias e creamos unha canle de comunicación entre ambas, servindo tamén de apoio ás familias que o precisen para tratar calquera cuestión relacionada coa escola.

Ademais de representar a todas as familias no Consello Escolar e nas actividades que se necesiten, involucrámonos na educación e ocio de todos os alumnos/as do centro e tratamos de que outros pais e nais tamén o fagan, coa fin de crear comunidade e contribuír tanto cos nenos/as como co resto do equipo educativo.

Encargámonos, non só das actividades extraescolares, senón tamen da organización de actividades deportivas e lúdicas, como o Cross Popular, axuda para excursións, festas escolares, melloras no centro... entre outras cousas.


Concretamente, e así está previsto para este ano,

- Participar na organización do Entroido, na que realizamos un concurso de carteis e outorgamos premios a todos os cursos do centro. Tamén na organización da merendola para o alumnado.

-  Organización e xestión do Cross Popular, actividade que supón moito traballo e tempo.

- A fantástica festa de fin de curso, na que queda organizada toda a mañá dos nenos e nenas, desde os xogos ata as actuacións das que gozan para celebrar ao grande a despedida dos nosos maiores e cambio de etapa dos pequenos. Organízanse para este día as Xornadas de Convivencia, onde conflúen mestres, familias, alumnado e demais membros da comunidade educativa.

- Proporcionamos axudas para as excursións de fin de curso de 5 anos e de 6.º de primaria.

- Realizamos un concurso literario celebrando o Día das Letras Galegas.

- Axuda para melloras nas instalacións e material do colexio


Colaboramos co centro en todo o que nos solicitan e esté na nosa man poder facelo.

En definitiva, buscamos promover a calidade educativa, defender os dereitos dos nosos fillos/as e ser parte activa nalgunhas iniciativas do centro.

Por isto queremos destacar a importancia da asistencia as asambleas, na que se tratamos todos os temas que concernen a os nosos fillos/as e o pago da cota anual como socios/as, o gran sustento da asociación para levar a cabo todo o anteriormente citado.

Só co apoio das familias poderemos continuar coa nosa labor con moito mais empeño.