Carnet de socios

 Información sobre o carné de familias socias da ANPA FORNOBEDO


Estimadas familias:

Lembrámosvos que, como familias socias da nosa ANPA, tedes á vosa disposición o carné de asociado/a, un documento identificativo que permite acceder a descontos en establecementos colaboradores da contorna.


🧾 ¿Que é o carné da ANPA FORNOBEDO?

É un carné familiar, no que figuran os nomes dos fillos/as matriculados no centro xunto cos seus proxenitores.
Este carné é exclusivo para persoas socias da nosa ANPA e acredita a pertenza á asociación durante o curso escolar vixente.


📲 🪪 ¿Que formato ten?

  • Formato físico, formato principal que se facilitará ás familias socias durante os primeiros meses do curso esoclar.

  • Formato dixital, para levar no móbil ou dispositivo electrónico. Haberá que pedilo expresamente na Anpa para que o envíen por correo electrónico ou Whatsapp. De non facer a solicitudo só se entregará en formato físico.


💡 ¿Como se usa?

Para facer uso dos descontos nos establecementos colaboradores, simplemente cómpre:

  • Amosar o carné (en formato físico ou dixital) no momento de realizar o pago.

  • Nalgúns casos, poderá ser necesario presentar tamén o DNI dalgún dos proxenitores, para verificar a vinculación coa ANPA.

📌 Cada establecemento reserva o dereito de aplicar ou non os descontos segundo as súas promocións vixentes.


📅 ¿Cal é a súa validez?

O carné ten validez durante o curso escolar en vigor.
Renovarase automaticamente coa achega da cota anual da ANPA, e só será válido unha vez confirmada a súa recepción. A entrega do carné realizarase por norma xeral durante o mes de outubro.




💬 Se tedes algunha dúbida sobre o seu uso ou sobre os establecementos adheridos, podedes contactar coa ANPA por canles habituais.

Grazas por formar parte da comunidade ANPA e pola vosa colaboración.

A continuación deixamos a información dos establecementos colaboradores deste curso.


Atentamente,
A Directiva da ANPA



ESTABLECEMENTO COLABORADORES
👇👇👇👇👇👇👇👇👇

ROUPA / MODA


Sipi Nopi → 10% de desconto


D’Equipe → 10% de desconto



ZAPATERÍAS


O Zapato Chispón → 10% de desconto


       Makakos → 5% acumulable en tarxeta de desconto (so calzado durante a tempada escolar de setembro-xuño) Non acumulable noutros descontos e promocións.




LIBRARÍAS / COPISTERÍAS


Maraxe  →  PENDENTE desconto


A Esmorga → 10% de desconto


XOGUETERÍAS


Croko Toys →  5% de desconto




OCIO INFANTIL / ACCESORIOS


África y su magia  → 10% de desconto


Héroes para la ciencia  → 10% de desconto


La fiesta de Isabella → 10% de desconto en gominolas a granel e en mesas dulces 

                5% de desconto en detalles con gominolas (como tartas de         chuches, caixiñas personalizadas…) Consultar en tenda.

     




FOTOGRAFÍA


Fotografía Dani Marcos → 10% de desconto en sesións de fotografía infantil e familiar e                                                     desconto de 1€ en fotos de carné




SAÚDE


Óptica Estudio → Pendente de recibir documento