10/30/2013

Cómic "Os perigos de Internet"

O Valedor do Pobo e a  Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende acercar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden encontrar os menores de edad no uso das tecnoloxías e de qué maneira seus comportamientos poden chegar a alterar a convivencia normal nos seus fogares.





Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a @s escolares, naveguen con tino pola Rede.
    

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil.

Nota informativa

Poñemos o voso coñecemento que tal e como recolle o DOG do 6 de xuño de 2013 no que aparece o calendario escolar do curso 2013-2014 figuran como días non lectivos:
  • O 31 de Outubro de 2013 (día do Ensino)
  • O 1 de novembro de 2013 ( festividade de tódolos santos)

Polo que non haberá clases nin actividades extraescolares pola tarde.
As clases reanudaranse con normalidade o próximo luns 4 de Novembro.
A Dirección

XVIII CARREIRA PEDESTRE “SAN MARTIÑO”

Bueu
10 NOVEMBRO 2013

Xoves de Samain

A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas ANPA dos colexios do pobo) organi­za outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro xoves 31 de outubro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó (os pais e nais que desexen colaborar na preparación da festa, sobre todo para picar as castañas, poden achegarse ao redor das 16:00 h).
Haberá actividades de animación para os rapaces e rapazas, e castañas para todo o mundo.
Non vos esquezades de traer as vosas CABAZAS DE SAMAÍN para facer a tradicional e fan­tasmagórica exposición no medio da praza.
Colabora na organización o Concello de Bueu.
Nota: Inda que dá bo tempo, se ao final empeorase, cambiariamos para o sábado 2 de novembro á mesma hora.





10/29/2013

Mércores de Samain

Mañán espero a vosa visita no colexio para ver as tres exposicións do Samain, dúas de cabazas e outra na biblioteca onde podedes ver libros para esta época do ano.
Os nenos terán contacontos de Samain, é unha biblioteca terrorífica onde as pantasmas voan, as arañas tecen tea por doquier,os esqueletos andan a ler os libros, as gárgolas queren escoitar os contos,.....
Sorpresa para todos, disfrutade do Samain este fin de semana.
Dende Fotocastrillón os nosos reporteiros fixeron os seguintes carteis anunciando dito evento e onde podedes atopalos, non os equivoquedes de camiño pois non vai ser que atopedes con Buli Zombi.








Facebook

Xa estamos en Face, o enlace onde tedes que acudir é o seguinte:


Clicade en Me gusta e teredes a información tan pronto a publique, fai moi pouquiño que a temos e por iso non temos publicado muitas cousas.
Temos a seguinte imaxe no facebook, espero que vos sexa de utilidade.



Samain en Cangas

Boas  a todos!!!
¿Qué tedes pensado facer este Samaín? Dende a asociación Cangas Vella organizaron una tarde de medo e  querenvos invitar a participar, aquí os deixamos o cartel que anuncia as actividades. Imprescindible a partir das 18:00 no Eirado do Señal: Festa para os máis pequenos, ademáis dun contacontos, terán poción máxica....


10/25/2013

Xa chega o Samain o Castrillón


A vindeira semana, celebraremos no colexio o Samain e o Halloween nas clases de inglés.
Por este motivo, todos aqueles nen@s que queiran traer unha cabaza poderán facelo o luns 28 ou o martes 29, co compromiso de que o mércores día 30 terán que levalas de novo para casa. As cabazas que non sexan recollidas irán o lixo.

As cabazas estarán expostas na entrada da clase de inglés (en primaria), no salón de actos (infantil) e na biblioteca celebrarase o longo do mércorés contacontos de medo, podedes ollar a transformación de dita biblioteca.
O luns 28, martes 29 e mércores 30, o día que teñan a última sesión de inglés da semana, poderán traer da casa dentro dunha bolsa un disfraz para poñelo na festa da clase. Os profesores daránlle tempo para poñelo, tamén poden traer comida e bebida para a festa que terán na clase.


10/23/2013

Carola, A carteira Centola


Os Axóuxeres

 Domingo 3 de novembro, ás 12.00 h, no Centro Sociocultural Daniel Castelao, en Quintela.
Os Axóuxeres traen a Moaña historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos, desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.
¡Reserva!
A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente, de luns a venres e en horario de 10.00 h a 14.00 h, 
no teléfono 610 641 570. Admitiranse reservas dende unha semana antes de cada sesión.

10/21/2013

FOLGA XERAL


NOTA   INFORMATIVA
FOLGA  XERAL EN  EDUCACIÓN DO
 24 DE OCTUBRO DE 2013

En relación coa convocatoria de folga na educación pública do vindeiro xoves 24 outubro, a Federación de Anpas do Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércoles 16 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada folga.
Como ANPA integrada nesta federación, convocamos a toda a comunidade escolar do CEIP CASTRILLÓN a secundar a folga xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras e mestres, tías e tíos, etc.
Asimesmo, convocámosvos a participar nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e posible marcha dependendo do nº de manifestantes.
Exise con nós a paralización de tódalas medidas de recorte e desmantelamento do sistema educativo público.
-Non ao copago nos comedores
-Non a redución das plantillas de profesorado en detrimento da calidade educativa para os nosos fillos e fillas.
-Non a LOMCE.
É hora de que saiamos todos xuntos e manifestemos as nosas inquedanzas, que ensinemos ós nosos fillos e fillas a loita polos dereitos xa adquiridos e que agora nos queren arrebatar.

            Porque ti, todos nós, temos unha responsabilidade frente ao funcionamento do sistema educativo, que ademáis de afectar a túa filla e a teu fillo,  afecta a sociedade enteira.

Manifestación en Vigo ás 11:30h en la Praza dos Cabalos
Manifestación en Pontevedra ás 11:30h en la Praza da Peregrina

ÚNETE A NÓS!!!

NON Á LOMCE“




Natación en Castrillón

OFERTA ACTIVIDADE  NA PISCINA AQUA20  PARA NENOS DO COLEXIO CASTRILLÓN
TEMPADA 2013-2014


Oferta Especial (prezos): NATACIÓN
                                      1 día semana: 15 €/mes
                                      2 días semana: 25/mes
HORARIOS: Son de 16:30 a 19:30 e o usuario pode elixir o que queira.

A oferta é vixente ata xuño e calquera nen@ que queira inscribirse poderá facelo en calquera momento da tempada sempre e cando presente o recibo da ANPA pagado deste ano para confirmar a inscrición. En canto teñamos 25 nen@s poderemos comezar a actividade a primeiros de novembro polo que URXE que vos anotedes canto antes.

Aqueles nen@s que xa sexan usuarios de dita piscina DEBEN de anotarse nesta solicitude para poder acollerse a esta oferta especial, marcade pois a casilla de usuarios.
Os familiares directos terán matrícula gratuíta e un 5% de desconto sobre a tarifa comercial habitual por cada membro que se inscriba.

Condicións de uso:
-        As inscricións faranse directamente na ANPA e a oferta estará vixente durante toda a tempada, isto é, de Outubro 2013 a Xuño de 2014.
            Para validar a oferta deberán presentar o recibo de pago da ANPA deste ano.

-        Esta oferta fai referencia exclusivamente ao uso da piscina  e non é acumulable a outras ofertas do centro tales coma permanencia no centro, descontos familiares ou por pago adiantado.
-        Os alumnos non poderán acceder a ningún outro servizo ou sala do centro, entre eles a sauna, jacuzzy,sala de fitness,…


-      Esta oferta é cerrada para o colexio de Castrillón.

Non a LOMCE


Pago cuota da Anpa Fornobedo

Ante as dúbidas dos pais que teñen nenos en distintos centros:


Recordade que ó estar adscritos como Anpa na Federacion de Anpas de Centros Públicos de 
Cangas. As familias, que teñan nen@s matriculad@s en primaria e secundaria, unicamente 
deberán pagar unha cota anual en calquera dos centros, e dicir, se tedes un fillo matriculado no 
Ies Rodeira e outro no Ceip A Rúa, con pagar unha das dúas cotas, xa seriades soci@s. Unica-
mente deberedes presentar unha copia dos recibos de pago da cota, para que a anpa do centro
 teña constancia.

Actividades IES. Rodeira

Propuesta de actividades
Curso 2013 - 2014

Xadrez
Monitor: Tomás
Impártese no I.E.S. de Rodeira, os mércores de 5 a 6.30 h na aula de agrupamentos.

Teatro
Monitor: Juan
Impártese no I.E.S. de Rodeira, para máis información pasarse os martes de 4:30 a 5:30 h pola aula de usos múltiples.

Bádminton
Contacto: Mercedes
Impártese no I.E.S. de Rodeira, os martes de 16.00 a 18.00 h
Telf. 659104917

Teatro para pais e nais
Impártese en I.E.S. de Rodeira, os venres de 18.30 a 20.00h na aula de usos múltiples. (gratuíta)

Escola para pais e nais
Monitor: Alberto
Impartirase no I.E.S. de Rodeira, cada 15 días empezando o día xoves 17/10/2013 ás 19.00 h, na aula de usos múltiples. (gratuita)


Baile adultos
Monitora: Cristina
 Impartirase no I.E.S. de Rodeira, os venres de 20.00 a 21.00h na aula de usos múltiples.

10/11/2013

Biblioteca de coiro







listado de alumnos das escolas según o deporte

Pinchar nas imaxenes para velos listados das actividades

ATLETISMO

BAILE DEPORTIVO

BALONCESTO

CICLISMO

                                                
                                      PATINAXE  A RÚA                         PATINAXE  NAZARET  

PIRAGUISMO
CASTRILLONA RÚA

NAZARET  Cª MARIA
TENIS DE MESA



VOLEIBOL

XIMNASIA CASTRILLON   NAZARET

LISTADO 1LISTADO 2







      





Outras actividades extraescolares

Ó pentencer a Federación de ANPAS calquera neno pode acudir as actividades doutros centros, por iso amosovos ditos calendarios, para que escollades.

ACTIVIDADES CEIP DO HÍO




             16-17 h
              17-18 h
Luns
Baile moderno (dende 3 anos)
Gaita (dende 3º)
Informática para pais (iniciación)
Patinaxe (dende 1º)
Informática para pais (perfeccionamento)
Percusión
Expresión corporal e contacontos (dende 3 anos)
Ás 17,15-18,15 h
Martes
Inglés (1º e 2º)
Masaxe (para pais e nenos/as)
Defensa persoal (dende 5 anos)
Teatro (dende 2º) 17,15-18,15 h
Manualidades (dende 3 anos)
Mércores
Batuka (dende 1º)
Tenis (dende 1º)
Tenis (dende 1º)
Coro divertido (para pais e nenos/as)
Xoves
Xadrez (dende 1º)
Cociña (dende 5 anos)
Balonmán (dende 1º)
Venres
Futbito (dende 3 anos)
Baile galego (dende 3 anos)
Futbito
Canto e pandeireta (dende 4 anos)


                  ACTIVIDADES CEIP ESPIÑEIRA

ACTIVIDADE
DÍA
HORA
Taller lúdico de inglés
Luns
16:30 - 17:30
Karate
Martes
16:30 - 17:30
Baile Moderno
Martes
16:30 - 17:30
Patinaxe
Mércores
16:30 - 17:30
Patinaxe
Xoves
16:30 - 17:30
Cociña
Xoves
16:00 - 17:30
Tenis
Venres
16:00 - 17:00
ACTIVIDADE PARA PAIS/NAIS
DÍA
HORA
Ximnasia mantemento
 Luns e venres
20:45 - 22:00
Informática
Mércores
16:30 - 17:30
17:30 - 18:30

Ximnasia de mantemento terá un custo de 15€/mes e  informática 10€/mes.
Os prezos das actividades de karate, baile moderno, patinaxe e tenis serán 10€ por actividade para os socios e de 18€ para os non socios. As actividades de taller lúdico de inglés e cociña terán un custo de 14€ por actividade, e os nenos/as que asistan as dúas ou irmáns que vaian a mesma ou diferente actividade se lle descontará 2€ por cada unha delas.

      ACTIVIDADES CEIP NAZARET

     ACTIVIDADES CEIP SAN ROQUE


A Familia: "Máis que un teito"

Charla Informativa para Pais/Nais
Queredes disfrutar aprendendo para que disfrutes educando?

A Dirección e o Departamento de Orientación do CEIP Castrillon-Coiro, en colaboración co Centro Municipal de Benestar Social e a Anpa convídante a unha charla informativa sobre como abordar determinados comportamentos dos nosos fillos.

Data: 23 de Outubro
Hora: 19 horas
Lugar: Casa da Xuventude- Calle Real nº 29


Non é  unha reunión de persoas expertas, senón de pais e nais que se xuntan nun espazo de reflexión onde se pode falar, onde te escoitan e onde podes aprender e aportar algo.
Nestes espazos disfrutamos aprendendo para que disfrutes educando.