Soe levarse a cabo o último fin de semana de abril e a súa participación está aberta a todos os colexios da contorna que se suman a este evento con gran interese: Ceip A Rúa, Ceip Nazaret, Ceip San Roque...
A súa finalidade non é outra que a de promover o deporte e a actividade física, a convivencia entre o alumnado de diferentes centros escolares e a competición saudable.
Dende a Anpa queremos que a escola forme parte activa do deporte escolar da Comarca do Morrazo, congregar a numerosas familias e pasar unha bonita xornada.
Esta proba deportiva dispútase tanto en categoría masculina como feminina, en todas as etapas educativas (alevín, benjamín, infantil e cadete).
Tras a súa finalización outórganse as correspondentes medallas e trofeos aos gañadores de cada carreira, ademais dunha rica merenda para repoñer folgos
O alumnado do centro, así como os pais e nais, poden adquirir a camiseta do colexio a través da Anpa. O seu prezo é de 5€ e hai dispoñibilidade en todas as tallas (máis info aquí).