5/27/2026

EXCURSIÓN ILLA DE ONS (MAIS INFORMACIÓN)

DATA PREVISTA: SÁBADO 13 DE XUÑO

Boas familias,

Informámosvos de que xa se pode proceder ao pago da excursión á Illa de Ons para ir formalizando as reservas. 

O importe final será de 13,50 € / persoa. Grazas a que finalmente contamos cun grupo máis numeroso o custe baixou un pouco. Os menores de 3 anos non pagan. (Se xa teñen os 3 cumpridos sí)

O pago pode realizarse de dúas formas: 

  • Mediante transferencia bancaria ao seguinte número de conta:
    ES35 0049 7823 0328 1002 7378 (B. Santander) Poñer en concepto a mesma persoa que puxestes como responsable no cuestionario.
  • Pasando polo local da ANPA e facendo efectiva a entrega. Neste caso, pregamos que avisades previamente por WhatsApp para tratar de cadrar un día.

Data última de inscrición e pagos: venres 5 de xuño.


Iremos facilitando información máis detallada, pero en principio o horario será:

  • 10:00 h →  entrega de billetes e embarque no Porto de Bueu. Embarcaremos de forma conxunta, cada pasaxeiro co seu billete en man (salvo indicación contraria por parte da naviera).
  • 10:30  →  saída 
  • 19:30 h → regreso

Pola mañá realizarase unha ruta (nada mais chegar á illa. Indicarán as normas do parque e comezaremos a andaina) e pola tarde haberá algún xogo ou actividade de animación (a hora será indicada por consenso co guía no propio día). O resto do tempo será libre.
A comida corre por conta de cada familia.

Deixamos tamén o enlace de inscrición por se alguén máis quere anotarse nesta última apertura de prazo:
https://forms.gle/X6McrACUCvDTJgdL6

📅 Data última de inscrición e pagos: venres 5 de xuño.

Moitas grazas!

5/14/2026

EVENTOS E ACTIVIDADES (MAIO E XUÑO)

(preme na imaxe para ampliar)


VENRES 15 DE MAIO

- Día da Familia: festa holi e animación musical

MÉRCORES 20 DE MAIO

- Xornadas de traballo para a dinamización do patio

VENRES 22 DE MAIO

- Xornadas de traballo para a dinamización do patio

DOMINGO 31 MAIO

- Cross de San Roque


                                                        (preme na imaxe para ampliar)


VENRES 12 DE XUÑO

- Festival fin de curso no Auditorio

SÁBADO 13 DE XUÑO

- Excursión de fin de curso para as familias

VENRES 19 DE XUÑO

- Festa de fin de curso e festa da escuma

LUNS 22 DE XUÑO

- Comezo da ludoteca de verán no cole

Excursión familiar á Illa de Ons

 Dende a ANPA estamos a organizar unha excursión de fin de curso coas familias á Illa de Ons para gozar xuntos dunha xornada de convivencia, natureza e actividades ao aire libre.

📅 Data: sábado 13 de xuño
📍Saída: dende Bueu ás 10:30 h
⚠️ Será necesario estar con antelación suficiente para realizar o embarque. (30 minutos antes)

🕢 Regreso: saída de Ons ás 19:30 h

💰 Prezo

  • 14 € por persoa

  • Nenos/as de 0 a 2 anos: gratis

O prezo podería reducirse se finalmente se forma un grupo de máis de 56 persoas.

✅ O prezo inclúe

  • Catamarán ida e volta

  • Ruta guiada pola mañá

  • Actividade/animación pola tarde

📝 Inscricións

Abrimos dende hoxe o prazo de inscrición co fin de reservar a data coa maior antelación posible e non perder as prazas dispoñibles.

https://forms.gle/X6McrACUCvDTJgdL6

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS SERÁ O VENRES 22 DE MAIO.

pero se podemos reservar antes moito mellor.

⚠️ Importante:
Neste momento só é necesaria a inscrición. O pago realizarase nas próximas semanas, cando o ANPA o comunique.

Proximamente facilitarase:

  • forma de pago,

  • horarios definitivos de encontro,

  • e recomendacións para a excursión.



5/13/2026

XORNADAS DE ATLETISMO BASE - VILA DE CANGAS

Dende o clube Vila de Cangas, pídennos achegarvos esta ligazón con información sobre a Xornada de Atletismo Base que van organizar o vindeiro sábado 16 de maio no Estadio Municipal de Atletismo de Cangas.


https://www.viladecangas.com/eventos/xornada-atletismo-base-trofeo-cangas-dental




5/08/2026

DÍA DA FAMILIA. ANIMACIÓN E FESTA HOLI

 Estimadas familias:

Dende a ANPA faínos moita ilusión convidarvos a celebrar xuntos o próximo Día da Familia cunha actividade moi especial: unha Festa Holi con animación musical, pensada para gozar en comunidade, compartir un anaco divertido e encher o cole de cor e alegría.

O Día da Familia celébrase todos os anos o día 15 de Maio e é unha oportunidade especial para festexar a unión, a diversidade e a alegría de compartir en familia. 

A celebración terá lugar o próximo venres 15 de maio, no "campo de arriba" do cole. Comezará ás 17:00 h e rematará ás 19:00 h.

Durante a festa haberá música, baile e lanzamento de po de cores tipo Holi, elaborado con materiais seguros e aptos para o seu uso festivo. Recomendamos asistir con roupa cómoda e, se é posible, de cor clara ou branca (que non importe manchar), para gozar máis da experiencia.

Pedímosvos tamén que os nenos e nenas traian gafas de sol ou de buceo, para protexer os ollos e moitas ganas de pasalo ben.

De forma opcional, deixamos a elección de cada familia a opción de traer unha muda ou roupa de recambio para a volta a casa.


ENTRADAS:
Familias socias da ANPA: GRATIS
Familias non socias da ANPA:  2€/crianza
Non esquezas traer o teu carné de familia asociada.

Coa entrada, entregarase a cada neno/a 1 bolsa de polvos para empregar durante varios momentos ao longo da tarde. A maiores, disporemos de mais bolsas para calquera familia que desexe adquirir mais, o seu custe será de 1,50€.

Contaremos tamén con dúas monitoras que dinamizarán e animarán a festa durante toda a tarde. Non obstante, lembramos que a actividade non é un servizo de conciliación nin de coidado, polo que cada nai, pai ou titor/a será responsable da atención e supervisión dos seus fillos e fillas en todo momento.

A actividade está organizada pola ANPA co obxectivo de fomentar a convivencia e crear un espazo de encontro para todas as familias de Castrillón.

Agardamos contar coa vosa participación para compartir unha xornada chea de música, cor e diversión.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA




5/06/2026

LUDOTECA DE VERÁN NO COLE

 ¡Campamento de verán no cole!

Dende a ANPA queremos ofrecer a todas as familias una opción divertida, educativa e conciliadora para as vacacións de verán do cole. Este campamento/ludoteca é unha proposta para facilitar a organización traballo-familia na que os nenos e nenas disfrutarán de actividades creativas, xogos, saídas e talleres temáticos desta época.

A continuación deixamos os horarios e prezos :

HORARIO HABITUAL DE 9:00H  A 14:00H:

- MENSUAL: 130€

- QUINCENAL: 75€

- SEMANAL: 40€

- DÍA SOLTO: 10€


HORARIOS AMPLIADOS: MÁXIMO DE 8:00H a 15:00H

- MENSUAL: 160€

- QUINCENAL: 100€

- SEMANAL: 65€

- DÍA SOLTO: 12€

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN SERÁ O VENRES 5 DE XUÑO


Primeiro farese unha preinscrición e despois a empresa encargada da actividade mandaravos a folla de inscrición definitva para cubrir e aportar datos mais detallados como a autorización de imaxes, persoas autorizadas para a recollida das crianzas...

PRE-INSCRICIÓN AQUÍ




OUTRAS PREGUNTAS E ACLARACIÓNS:

¿Poderán ir nenos e nenas doutros coles? 
Sí, sempre que sexan centros asociados á Federación de ANPAS de centros públicos de Cangas, A Gameliña. E dicir: A Rúa, Nazaret, San Roque, O Hío e Espiñeira.

¿Pódense variar os horarios dentro das semanas por turnos de traballo?
Sí, o único a ter en conta e situarse dentro dos rangos de horario establecidos para identificar o custe deses días. Por exemplo, se unha semana a crianza entra as 9:00h e outra semana as 10:00h estamos dentro do mesmo rango horario establecido. Ou se, por exemplo, escollemos o horario de comezar ás 8:00 pero levamos a crianza ás 8.30 o prezo será o mesmo porque estamos dentro dese rango horario.

¿Hai posibilidade de ter desconto se vai moitos días soltos ou varios días na semana pero continuados?
Nestes casos, se son días que teñen unha continuidade no tempo pódese facer un cómputo dos días e pagar como unha semana ou quincena. 

¿Os pagos son a comezos de mes ou a finais?
Os pagos son sempre por adiantado, sexa cal sexa a opción escollida


5/05/2026

Mellora do patio do cole!! APÚNTATE!!!!

 Ola familias! 👋  

Lanzámosvos un plan dos que molan de verdade… 😏

Imos transformar o patio do cole e convertelo nun espazo cheo de xogos, cor e vida para os nosos peques 🎨 Queremos darlle unha posta a punto ao patio do cole e convertelo nun sitio aínda máis divertido e dinámico: xogos pintados no chan, novas zonas, tipis de madeira… todo con materiais reciclados.

A idea é facelo entre todos, en varias xornadas, nun ambiente agradable de compañeirismo, risas, pinceis na man e modo bricolaxe en ON🔛.

👉 ❌Non precisamos experiencia 😂😜 nin pulso de artista 🖼️, só ganas de botar unha man ✅, pasar un bo rato e facer algo bonito para os nenos/as.✅

Estamos organizando os grupos de traballo e preparando todo o material para comezar a finais desta semana (xoves e venres se o tempo nolo permite), así que precisamos saber quen se apunta.

Se te animas, respóndenos no formulario: https://forms.gle/tiaGs5PG5obWaUd19

Cantos máis sexamos, máis doado, máis rápido e moito máis divertido 💪 Seguro que entre todos facemos algo chulísimo para os nenos! 🙌

Vai pagar moito a pena velo rematado!


(Posdata: o café e o picoteo convida o ANPA 😉😉)


NOVAS DATAS NAS QUE IMOS REUNIRNOS.

MÉRCORES 20 DE MAIO ÁS 17:00H     

VENRES 22 DE MAIO  ÁS 17:00H

Acabaremos as tarefas pendentes da xornada anterior e comezaremos o pintado de xogos e outras ideas.

Estes son só algúns exemplos do que temos previsto!! 😉😉