5/08/2026

DÍA DA FAMILIA. ANIMACIÓN E FESTA HOLI

 Estimadas familias:

Dende a ANPA faínos moita ilusión convidarvos a celebrar xuntos o próximo Día da Familia cunha actividade moi especial: unha Festa Holi con animación musical, pensada para gozar en comunidade, compartir un anaco divertido e encher o cole de cor e alegría.

O Día da Familia celébrase todos os anos o día 15 de Maio e é unha oportunidade especial para festexar a unión, a diversidade e a alegría de compartir en familia. 

A celebración terá lugar o próximo venres 15 de maio, no "campo de arriba" do cole. Comezará ás 17:00 h e rematará ás 19:00 h.

Durante a festa haberá música, baile e lanzamento de po de cores tipo Holi, elaborado con materiais seguros e aptos para o seu uso festivo. Recomendamos asistir con roupa cómoda e, se é posible, de cor clara ou branca (que non importe manchar), para gozar máis da experiencia.

Pedímosvos tamén que os nenos e nenas traian gafas de sol ou de buceo, para protexer os ollos e moitas ganas de pasalo ben.

De forma opcional, deixamos a elección de cada familia a opción de traer unha muda ou roupa de recambio para a volta a casa.


ENTRADAS:
Familias socias da ANPA: GRATIS
Familias non socias da ANPA:  2€/crianza
Non esquezas traer o teu carné de familia asociada.

Coa entrada, entregarase a cada neno/a 1 bolsa de polvos para empregar durante varios momentos ao longo da tarde. A maiores, disporemos de mais bolsas para calquera familia que desexe adquirir mais, o seu custe será de 1,50€.

Contaremos tamén con dúas monitoras que dinamizarán e animarán a festa durante toda a tarde. Non obstante, lembramos que a actividade non é un servizo de conciliación nin de coidado, polo que cada nai, pai ou titor/a será responsable da atención e supervisión dos seus fillos e fillas en todo momento.

A actividade está organizada pola ANPA co obxectivo de fomentar a convivencia e crear un espazo de encontro para todas as familias de Castrillón.

Agardamos contar coa vosa participación para compartir unha xornada chea de música, cor e diversión.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA