NOTA
INFORMATIVA
FOLGA
XERAL EN EDUCACIÓN DO
24 DE
OCTUBRO DE 2013
En relación coa convocatoria de folga
na educación pública do vindeiro xoves 24 outubro, a Federación de Anpas
do Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércoles 16 de outubro unha
reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada
folga.
Como ANPA integrada nesta federación,
convocamos a toda a comunidade escolar do CEIP CASTRILLÓN a secundar a folga
xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras
e mestres, tías e tíos, etc.
Asimesmo, convocámosvos a participar
nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e
posible marcha dependendo do nº de manifestantes.
Exise con nós a paralización de tódalas
medidas de recorte e desmantelamento do sistema educativo público.
-Non
ao copago nos comedores
-Non
a redución das plantillas de profesorado en detrimento da calidade educativa
para os nosos fillos e fillas.
-Non
a LOMCE.
É hora de que saiamos todos xuntos e
manifestemos as nosas inquedanzas, que ensinemos ós nosos fillos e fillas a
loita polos dereitos xa adquiridos e que agora nos queren arrebatar.
Porque
ti, todos nós, temos unha responsabilidade frente ao funcionamento do sistema
educativo, que ademáis de afectar a túa filla e a teu fillo, afecta a sociedade enteira.
Manifestación en Vigo ás 11:30h en la
Praza dos Cabalos
Manifestación en Pontevedra ás 11:30h
en la Praza da Peregrina
ÚNETE A NÓS!!!