Plan madruga

 "Esperta con nós" (plan madruga)

Somos conscientes de que cada vez mais familias se encontran con problemas para conciliar a vida familiar e laboral. Por este motivo se puxo en marcha o programa “Esperta con Nós”, onde o alumnado poderá acudir ao colexio a partires das 7.30h. Neste tempo, e ata que comezan as clases propiamente ditas, ás 9.15h, os usuarios deste servizo estarán atendidos por unha coidadora. Poderán facer o almorzo nas instalacións e actividades de lecer. O alumnado deberá traer o seu propio almorzo, preferiblemente saudable.

Imprescindible ser socio da ANPA para estar cuberto polo seguro RC. De non estar asociado non se poderá facer uso deste servizo.


A continuación deixamos información mais detallada deste servizo.

👇👇👇👇👇👇👇👇


FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA “ESPERTA CON NÓS”


ANPA FORNOBEDO  CURSO 2025-2026

(Telf: 687489558  // anpacoiro@gmail.com)


- O programa Esperta con Nós é un servizo organizado pola ANPA para atender ao alumnado que, por distintas razóns, precisa entrar no centro antes do inicio do horario lectivo.

- Para poder facer uso deste programa será condición indispensable ser familia asociada á ANPA abonando a cota anual de 20€/ano/familia. Este requisito é totalmente necesario para poder asistir a este plan madruga e estar así cuberto polo Seguro de Responsabilidade Civil.

(cota de soci@s: 20€/familia  //  Nº Conta (B. Santander): ES35 0049 7823 0328 1002 7378)

- O servizo funcionará todos os días lectivos do calendario escolar en horario de 7.30h a 9.15h, podendo escoller as familias interesadas entre horario completo ou horario parcial.

- O espazo destinado para dar esta asistencia será a primeira aula de infantil do cole e os baños da primeira aula de infantil. Non poderán utilizarse o resto das instalacións do centro ata o arranque do horario lectivo, salvo pecera, patio e pavillón.

- O alumnado usuario que desexe facer o almorzo no centro, deberá levar todo o preciso da casa. Os enseres persoais dos usuarios fixos poderán quedar no centro, nos casilleiro indicados.

- Os pais/nais ou titores/as deberán informar a ANPA e/ou monitora das alerxias ou similiar que poidan ter os usuarios.

- Disporán de tempo de lecer unha vez rematado o almorzo. Os xogos e actividades irán dirixidas a ensinar e motivar sobre a alimentación e hábitos de vida saudable, manualidades, xogos, reciclaxe e outras actividades educativas… incluidas na tarifa do servizo.

- Para inscricións e/ou baixas contactar coa ANPA ou monitora.

- A monitora levará ao día un cadrante de asistencia. No caso de que unha familia non abone a mensualidade correspondente o alumno/a perderá o dereito ao servizo a partires do día 1 do mes seguinte, a non ser que comunique as razóns que xustifiquen a demora do pago. A perda do dereito do servizo non exime do pago das cantidades que debe. O abono da contía farase ao comezo do mes e non se descontarán os días de ausencia.

Monitora encargada : Sesé (Teléfono de contacto: 658280409 )

Teléfono ANPA: 687489558 (aténdese whatsapp)

- En canto as tarifas, pode ser mensual, semanal ou por día solto, podendo escoller ademais entre horario completo (de 7.30h-9.15h) ou parcial (8.30h-9.15h). Consúltanos o horario que precises.

Irmáns usuarios poderán beneficiarse dun 10% de desconto no servizo.


Consúltanos o horario que precises segundo a vosa necesidade.



                                                    -----------------------------------