1/28/2014

Anpas Galegas no espazo informativo O Preguntoiro


O vicepresidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, foi entrevistado no programa Preguntoiro do Correo Televisión, programa dirixido e presentado por Inés Dopazo.
Nesta entrevista falouse, entre outros temas, da LOMCE, dos comedores escolares, do sistema de préstamo universal de libros,…

1/22/2014

Biblioteca de Coiro


MOBILÍZATE pola selva


O noso Punto de recollida é o LISTÓFONO que está na entrada do Cole.
Participa na recollida e entrega dos móbiles que xa non se usan. Os móbiles (sen cargador nin tarxeta) serán enviados ao Instituto Jane Goodall.
No Ceip Castrillón estamos colaborando na Campaña de Reciclaxe de Móviles cara a protexer os ecosistemas africanos.

O prazo da recollida remata o 30 de xaneiro de 2014.

1/19/2014

Se facedes CLIC na presentación de fotos poderedes ver e baixar as fotos nas que nen@s de Castrillón participaron na actividade Nadal na rúa do Concello.



Algúns destes nen@s tamén participaron no tradicional Belén viviente de Beluso se queredes ver as fotos pinchade en ENLACE.

1/10/2014

1ª XORNADA DE ACHEGAMENTO AO ATLETISMO EN PISTA



Para inscribirse habrá que hacerlo en atletismo.morrazo@gmail.com 
o por teléfono 649 96 29 89 de 16:00 a 19:00 horas. 
Fecha límite de inscripción 14/01/14.

1/02/2014

Todo listo para a visita das Súas Maxestades

Esta fin de semana terán lugar os actos con motivo da visita das SS.MM. á vila de Cangas. O sábado chegará a Casa do Concello un paxe real que recollerá as cartas dos cativos que queiran achegarse dende ás 17.00 ata ás 20.00 horas.

Animádevos a visitar o Parque Infantil do Nadal, aberto ata o 8 de xaneiro



Organizado polo Concello, o alcalde visitou este xoves o Parque Infantil de Nadal, que propón múltiples actividades para nenos desde hoxe ata o 8 de xaneiro, no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo. Con esta iniciativa, e por un euro, o goberno local ofrece obradoiros e espectáculos variados para rapaces de ata 12 anos.



1 de 1


O alcalde visitou hoxe o Parque Infantil de Nadal do Concello de Vigo, que programa no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo numerosas actividades para nenos de todas as idades. Esta iniciatival, que acollerá o Auditorio Pazo de Congresos de VIGO entre os días 2 e 8 de xaneiro de 2014 --a excepción do día 5, que permanecerá pechado--, conta con distintas actividades para nenos de entre 1 e 12 anos, como inchables, zona de xogos infantís, espazo exterior multiaventuras e circuíto de vehículos máxicos. Ademais, os menores tamén poderán participar en talleres de música, danza, periodismo, instrumentos musicais, reciclaxe e papiroflexia; e o prezo por sesión será dun euro.

Así mesmo, neste espazo estará presente o carteiro real, e os nenos poderán gozar dos espectáculos 'Monicreque de Kukas', 'Xan Perillán e a maleta máxica' e 'Contose do vento acatarrado'. Igualmente, por cinco euros, as familias poderán acudir ao concerto de María Fumaça, que será o sábado 4 de xaneiro, ás 18.30 horas.

I Festival de Maxia


18:00 I FESTIVAL DE MAXIA 
A beneficio de Caritas
Centro Social do Mar. Entrada: a vontade
Organiza: Caritas de Bueu