Camisetas e sudadeiras


A Anpa dispón de camisetas e sudadeiras co nome do centro e a imaxe da nosa mascota Buli, tanto para o alumnado como para os pais, nais e profesorado.

Son moi útiles e recomendadas para as pequenas saídas do centro, excursións, competicións...xa que axuda a manternos unificados e permite ter ao grupo de alumnos localizado con rapidez.


 As camisetas son de cor laranxa, de manga curta e levan serigrafiado o nome do centro e o debuxo de Buli , a mascota do cole. As sudadeiras son de cor azul con capucha e bolsillos, o estampado é o mesmo. A diferencia coas camisetas e simplemente o intercambio de cores.

PREZO CAMISETA: 5€/unidade
PREZO SUDADEIRA: 15€/ unidade

Para solicitar unha tan so tedes que poñervos en contacto coa Anpa, que soe ter dispoñibilidade en stock e proceder ao seu pago.