11/04/2026

Charlas para familias

¡Comezamos co noso ciclo de charlas para familias!

Serán catro encontros en liña nos que teremos a oportunidade de compartir, reflexionar, resolver inquedanzas e aprender novas ferramentas para acompañar as nenas e nenos no seu crecemento.

Abordaremos temas tan importantes como a sexualidade, a diversidade e as relacións saudables, creando un espazo de diálogo e aprendizaxe dende o respecto, a igualdade e a confianza.

Enviaremos a ligazón para conectarse unhas horas antes de cada encontro.

¡Agardámosvos!





(Actividade realizada ó aveiro das axudas dirixidas a ANPAs de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero)

10/31/2026

Actividades de igualdade 1º e 2º

 

Seguimos coas actividades da subvención de igualdade!

Esta semana continuamos coas actividades enmarcadas na subvención de igualdade. O luns foi a quenda do alumnado de 1.º e 2.º de Educación Primaria, que gozou dunha sesión de contacontos.

O alumnado de 1.º de Primaria traballou arredor do conto Bonitas, mentres que o de 2.º de Primaria o fixo a partir de Superpoderes. A través destas historias e das actividades propostas, seguimos fomentando valores como a igualdade, o respecto, a autoestima e a importancia de valorar as diferenzas.

Seguimos aprendendo e medrando xuntos e xuntas a través dos contos e da igualdade! 💜





10/20/2026

💜 Seguimos traballando pola igualdade!

A través da subvención da Xunta de Galicia destinada ás ANPAS en materia de igualdade, durante os meses de outubro e novembro levaremos a cabo diferentes actividades, como charlas, obradoiros e contacontos, dirixidas tanto ao alumnado como ás familias. Iremos informando de todas elas!

Onte comezamos cun contacontos para o alumnado de Infantil titulado «Los niños también pueden, las niñas también pueden», e hoxe continuamos cos maiores do cole. O alumnado de 5º participou nun obradoiro de análise de cancións actuais ("Mais alá do ritmo"), mentres que o alunnado de 6º traballou na análise de videoxogos ("Game over. Reiniciando as reglas").

Pequenos pasos para construír, entre todas e todos, unha sociedade máis igualitaria! 💜










(Actividade realizada ó aveiro das axudas dirixidas a ANPAs de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero)