9/24/2013

O Alcalde realiza unha visita institucional ao C.E.I.P Castrillón


Cangas, 23/09/2013
O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo visitou esta mañá o CEIP Castrillón, para reunirse co equipo directivo do centro así como para dar conta das actuacións realizadas e valorar posibles melloras ao longo deste curso 2013-2014 que acaba de comezar.

Fai CLIC na imaxe

9/18/2013

Actividades Extraescolares

Darán comezo no mes de outubro, o día 1

Durante o vindeiro curso escolar 2013/2014, se ofertarán diversas actividades que terán un custo mensual de 9 € para  socios/as, .excepto  as cuotas de: 
Inglés  e o Mundo da Maxia será de 10 € mensuais
Gaita e percusión será de 5 € mensuais (solo para primaria, infantil será de 9 €)
A cuota de socio/a para este curso escolar será de 20 € o ano.
O custo por actividade para os non socios/as será de 15 € mensuaiso

Algunhas actividades non teñen cota mensual, polo que para participar nelas será necesario ser socio/a desta ANPA:
Tenis: Martes  (en dous tornos de 17:30 a 19:30)
Balonmán :Luns
Aprendendo Francés : Luns (solo para 4ª,5ª,6ª de primaría).
Feito a man :(Solo primaria)

Para poder realizar cada unha das actividades hai que ter en conta que a participación ten que ser definitiva e duradeira no tempo, para non prexudicar a outros/as nenos/as que participan da mesma.
O cobro das actividades será mensual, e por contado. Os días de cobro serán os Mércores e Venres, de H:16.30 a 17:30 e sempre por adiantado na primeira semana  de cada mes nas instalacións do Anpa.. As persoas que desexen realizar o pagamento da cuota  tanto anual de socio/a como as das actividades poden facelo no:

 nº de cta.: 2080.5079.88.3040000468 de NOVACAIXAGALICIA,
 e traer o xustificante polo neno.


As baixas deberán comunicarse como mínimo cun mes de antelación .
É importante indicar que a ANPA organiza as actividades pensando en tódolos nenos/as do Colexio, e que, dende logo, traballará para que teñan continuidade durante todo o curso escolar.
Este ano ampliase o horario da actividade da mañá, pensando en mellorar sempre a calidade escolar dos nosos fillos e fillas.


Esperta con nós  7:30h a 09:15h, cun custo mensual para os socios de 30 € e para os non socios de 50 €.
Para participar na actividade de mañá, a cuota de socio deberá ser aboada no mes de setembro.

Recordamos a todos que os chándal terán un custo de 25 € para os socios e 30 € para os non socios e poderán encargalos os Mércores e Venres  de 16:00 horas a 17:00 horas, ou ben pedilo a través de dirección enviando os cartos por adiantado,As camisetas do cole  terán un coste de 5 €.



CADRO DE ACTIVIDADES CURSO 2013/14
HORARIO DE 16:00 H A 17:00 HORAS.

CURSO
LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES

EDUC.
INF.
-MANUALIDADES
-GAITA E PERCUSIÓN
-RITMO BAILE


-FÚTBITO (Dende 4
anos)-
-DIVERCIENCIA
-TALLER DE  YOGA
- MULTI DEPORTE
-APRENDEMOS XOGANDO INGLÉS
-EXPRESIÓN CORPORAL E CONTACONTOS

-PATINAXE(Dende 5 anos)

-INFORMÁTICA

-MANUALIDADES


TENIS



-FUTBITO




- GAITA Y PERCUSIÓN

-MULTI DEPORTE

- EXPRESIÓN CORPORAL
-PATINAXE
-APRENDEMOS XOGANDO
INGLÉS
-O MUNDO DA MAXIA

- INFORMÁTICA

-MANUALIDADES

- BALONMÁN



TENIS

-FUTBITO



- GAITA  Y PERCUSIÓN

-MULTI DEPORTE


- EXPRESIÓN CORPORAL
 -PATINAXE
-APRENDEMOS XOGANDO
INGLÉS
- O MUNDO DA MAXIA

-INFORMÁTICA

- BALONMÁN


TENIS

-TEATRO


-FEITO A MAN
- GAITA E PERCUSIÓN

-MULTI DEPORTE
- FUTBITO
- PATINAXE
-APRENDEMOS
XOGANDO INGLÉS
- O MUNDO DA MAXÍA

- PATINAXE

- BALONMÁN


TENIS
-TEATRO
-CURSO DE GUITARRA
-APRENDEMOS XOGANDO FRANCÉS
-FEITO A MAN
-GAITA E PERCUSIÓN
-INFORMÁTICA
MULTI DEPORTE


-FUTBITO

- CURSO DE FOTOGRÁFIA.

- O MUNDO DA MAXÍA
- PATINAXE

- BALONMÁN



TENIS
-TEATRO
-CURSO DE GUITARRA
-APRENDEMOS  XOGANDO
FRANCÉS
-FEITO A MAN

- GAITA E PERCUSIÓN
-INFORMÁTICA
-MULTI DEPORTE


- FUTBITO

-CURSO DE FOTOGRÁFIA.

- O MUNDO DA MAXÍA

-PATINAXE

- BALONMÁN




TENIS
-TEATRO
-CURSO DE GUITARRA
-APRENDEMOS XOGANDO
FRANCÉS
-FEITO A MAN
-GAITA E PERCUSIÓN
-INFORMÁTICA
-MULTI DEPORTE


-FUTBITO

- CURSO DE FOTOGRÁFÍA.

- O MUNDO DA MAXIA




ACTIVIDADES PARA PAIS/NAIS:



MARTES E VENRES

AERORITMO
ZUMBA/AEROBOX
STEP
TONIFICACIÓN Y PILATES





20:30 a 21:30H
Posibilidade doutros horarios


15 €/MES
( 2 h /semana)



POLA PRESENTE INFORMAMOS QUE PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES DE PAIS E NAIS TEÑEN QUE PAGAR A CUOTA DA ANPA.

PRÉGAMOSLLES ENTREGUEN AS SOLICITUDES ANTES DO VINDEIRO 28 DE SETEMBRO.


AS ACTIVIDADES COMENZARÁN O VINDEIRO 1 DE OUTUBRE

9/17/2013

Escolas Deportivas Municipais 2013/2014

A Fundación de Deporte de Cangas enviounos unha folla de inscripción para que os cativos participasen en diversas actividades deportivas do Concello, tendo en conta tódolos deportes que contan cun clube federado na vila de Cangas, e algún outro que se pretende dar a coñecer.


Ten programado para o mes de Outubro o comenzo da septima edición do programa.

Os clubes serán os encargados da posta en práctica da actividade do xeito máis atractivo e formativo para os novos deportistas.
As ANPAs encargaránse de dar a coñecer as actividades nos propios centros educativos.

     
Para realizar pagos on-line deben solicitar o IMPRESO DE XUSTIFICACIÓN

SOLICITUDE IMPRESO: fundacion@cangasdeporte.com




9/16/2013

Servicio de comedor escolar 2013-2014

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO SERVIZO DE  
COMEDOR ESCOLAR

 Ábrese o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar destinado a alumn@s de infantil e Educación Primaria do Ceip Castrillón para o curso 2013-2014. 
As bases están expostas no seguinte enlace (fai clic na imaxe).
As solicitudes podense entregar ata o día 28 de setembro.
     


Xuventude presenta os "Obradoiros infantís" para o curso 2013/2014

Cangas, 14/09/2013

A Concellería de Educación, Xuventude e Voluntariado presentou este sábado o programa de ‘Obradoiros Infantís’ para que se vai a desenvolver a partir de outubro na Casa da Xuventude.

Fai CLIC na imaxe

9/09/2013

"Volta o cole"





O comezo do novo curso será o
11 de setembro.
Comezará con normalidade,
 autobús e comedor dende o primeiro día.

Podedes consultar o calendario escolar e comprobar o material escolar no enlace:
CEIP. Castrillón (a dereita)

"Máis que un teito"

Dende o Centro Municipal de Benestar Social chegounos o Programa de prevención familiar "Máis que un teito" 
que toma forma nas escolas de pais e nais.
A finais de setembro poñeranse en contacto connosco 
para convocar a todos os pais e nais deste centro
 a unha reunión informativa inicial.
Facede clic na imaxe para máis información.

9/08/2013

XORNADAS INFANTIS DE SALUDE BUCODENTAL

Como gran colaborador da nosa Anpa no Cross anual do centro, a fundación Vitaldent, ofrécenos  unhas invitacións a unhas xornadas infantis de saúde bucodental que repartiremos para os máis cativos.

Como o local é pequeno e pensando en que poidan ir a maior parte de nenos, os cursos nos que se van a repartir van  ser 1º e 2º de primaria.
As xornadas están enfocadas de maneira lúdica para que os nenos aprendan, da man do Ratonciño Pérez e do persoal, a importancia de ter unha boca sana.
Haberá animadores que farán maquillaxe fantasía, xogos con globos, contacontos, daráselle un diploma dos coñecimentos adquiridos e un magnífico regalo.
O obxetivo é de que os nenos perdan un pouco de medo as consultas do dentista.
A invitación ten data e  hora, tedes que poñer o nome do neno e o teléfono e achegar a invitación a Vitaldent ou deixalo á Anpa antes do venres para poder participar o sábado das xornadas.