9/08/2013

XORNADAS INFANTIS DE SALUDE BUCODENTAL

Como gran colaborador da nosa Anpa no Cross anual do centro, a fundación Vitaldent, ofrécenos  unhas invitacións a unhas xornadas infantis de saúde bucodental que repartiremos para os máis cativos.

Como o local é pequeno e pensando en que poidan ir a maior parte de nenos, os cursos nos que se van a repartir van  ser 1º e 2º de primaria.
As xornadas están enfocadas de maneira lúdica para que os nenos aprendan, da man do Ratonciño Pérez e do persoal, a importancia de ter unha boca sana.
Haberá animadores que farán maquillaxe fantasía, xogos con globos, contacontos, daráselle un diploma dos coñecimentos adquiridos e un magnífico regalo.
O obxetivo é de que os nenos perdan un pouco de medo as consultas do dentista.
A invitación ten data e  hora, tedes que poñer o nome do neno e o teléfono e achegar a invitación a Vitaldent ou deixalo á Anpa antes do venres para poder participar o sábado das xornadas.