9/25/2026

EXTRAESCOLAR DE PISCINA

 Bo día familias, xa temos a oferta de plazas para a extraescolar na PISCINA. Facemos resumo:

- 25 de setembro: hoxe abre o plazo de solicitude de matrícula (PREINSCRIPCIÓN) ata o día 1. Pode facerse online ou presencial. Aceptanse todas as solicitudes, as prazas non se adxudican por orde de chegada.

- 2 de outubro: sorteo de prazas. Se hai mais inscritos que prazas ofertadas en algún grupo, coas persoas inscritas en ese grupo farase un sorteo de prazas.

- 5 de outubro: matrícula definitiva das prazas asignadas. Únicamente presencial. Levade toda a documentación e o importe en efectivo correspondente matrícula e a primeira mensualidade. 


Aquí deixamos a ligazón para poder facela. As familias que non podan facelo en liña teñen que achegarse a piscina.

https://clientes.ivgestion.com/formularios/formulario.php?idInst=43&cod=ECXF5RRUZ4&idForm=104&codVerif=FRDCV98R2A






9/22/2026

Lista de admitidos nas actividades extraescolares

 

Xa está dispoñible a lista do alumnado admitido nas actividades extraescolares deste curso. 📝

LISTA DE ADMITIDOS 

📅 As actividades comezarán o día 1.


📲 Ao longo destes días crearanse os grupos de WhatsApp de cada actividade, co obxectivo de manter unha comunicación o máis directa posible coas familias.

⏰ O horario será sempre de 15:45 a 16:45 h.

🚌 Lembramos que non haberá servizo de autobús ao remate das actividades extraescolares.

Se algunha familia quere inscribirse en algunha outra actividade, no seguinte formulario están as que aínda dispoñen de prazas valeiras. Daremos de prazo esta semana, ata o venres 27.

Formulario de inscrición

Para calquera erro ou aclaración podedes poñervos en contacto coa Anpa, chamando ou por Whatsapp (687 48 95 58)

Un saúdo.

9/15/2026

OFERTA DE EXTRAESCOLARES EN COLES DA CONTORNA

 Para todas aquelas familias que paguen a cota da Anpa connosco, teñen a posibilidade de acudir a actividades de outros centros públicos de Cangas sen ter que pagar outra cota de asociados a maiores.

Esta é a oferta de actividades e colexios:


SAN ROQUE

Este año o seu prazo de inscrición pechou en setembro polo que se estades interesados en alguna actividade contactar coa súa Anpa por se podedes optar a plazas baleiras. (No formulario está o contacto)

PRAZO FINAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026/27


A RÚA

https://drive.google.com/file/d/1yD0YwkFGwDxmU8C2gjLH5Y3QUbtH5BBW/view?usp=sharing.

Pecharase o prazo o Xoves 17 de Setembro ás 20:00 horas👈

O luns 21: listados de inscritos e o alumnado inscrito recibirá confirmación vía mail no curso desa primeira semana.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario

https://forms.gle/MgE3aWwa863PAG6K6.


NAZARET

OFERTA DE ACTIVIDADES

https://forms.gle/atmdtHPccgLeMpRz5



ESPIÑEIRA

OFERTA DE ACTIVIADES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 26-27



O HÍO

TODAS AS ACTIVIDADES

CADRANTE DE DÍAS E HORARIOS

Solicitude de inscrición a actividades extraescolares 26/27 AFA CEIP O Hío

9/14/2026

EXTRAESCOLARES EN CASTRILLÓN PARA ALUMNOS DOUTROS CENTROS

 

🎭 Actividades extraescolares en Castrillón para alumnado e familias de centros externos

Se tes a cota da ANPA pagada en calquera centro público de Cangas, tamén podes participar nas nosas actividades extraescolares sen pagar outra cota de ANPA a maiores. So tes que adxuntar o xustificante de pago de familia asociada ao final do formulario de inscrición.

CADRANTE DE DÍAS E ACTIVIDADES

INSCRICIÓNS


📌 Data límite para realizar as inscricións: 18 de setembro.


Animámosvos a consultar a información e formalizar a inscrición dentro do prazo establecido.

Grazas pola vosa participación e por seguir apoiando as iniciativas da ANPA!

A BIBLIO DO COLE

A biblioteca do cole é moito máis ca un lugar onde coller libros. Ao longo do curso lévanse a cabo diferentes iniciativas, entre elas, os clubs de lectura, pensados tanto para o alumnado como para as familias, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e crear un espazo para compartir historias, opinións e experiencias.


📖 Clubs Bulideiras

Dirixido ao alumnado de Educación Primaria, o Club Bulideiras é unha das iniciativas con maior participación e éxito no cole.

Está organizado en tres niveis, adaptados ás diferentes idades e hábitos lectores:

  • 🟢 Nivel fácil
  • 🟡 Nivel intermedio
  • 🔵 Nivel avanzado

Os nenos e nenas participantes len as lecturas propostas e, posteriormente, realizan encontros periódicos en horario escolar para compartir impresións, comentar os libros e desfrutar da lectura en compañía.


☕📖 Café e Papel

A biblioteca tamén abre as súas portas ás familias, todos os días (agás os martes) en horario de extraescolates. As nais/pais tamén podemos facer préstamo de libros ou partricipar en Café e Papel, o club de lectura para adultos.

As reunións celébranse unha vez ao mes, xeralmente os venres, e son un espazo informal para falar de libros, compartir opinións e desfrutar dun momento de encontro arredor da lectura.

Non é necesario asistir a todas as lecturas: cada familia pode participar cando lle apeteza, segundo a súa dispoñibilidade e interese. Ademais, o club está aberto non só a nais e pais, senón tamén a outros familiares, como avós, avoas, tíos, tías...


📚 Porque a lectura tamén é unha oportunidade para compartir, coñecernos e crear comunidade. Estas son as lecturas propostas para este curso:

LECTURAS ALUMNADO E FAMILIAS

Animámosvos a participar nestas iniciativas e a descubrir todo o que a biblioteca do cole ten para ofrecernos ao longo do curso.

9/09/2026

Oferta de actividades extraescolares curso 26-27

 

📚 Inscricións ANPA e actividades extraescolares

Xa están abertas as inscricións para facerse socio/a da ANPA e para participar nas actividades extraescolares deste curso.

Ser socio/a da ANPA permite colaborar e participar na vida do centro e, ademais, contribúe a facer posible a organización de diferentes actividades e propostas para o alumnado.

👉 Facerse socio/a da ANPA:
INSCRIPCIÓN Á ANPA


🎭 Actividades extraescolares


📅 Cadro de actividades, días e horarios:
OFERTA DE ACTIVIDADES


📝 Formulario de inscrición:
INCRICIÓN EXTRAESCOLARES


ℹ️ Máis información sobre cada actividade:
MAIS INFO


📌 Data límite para realizar as inscricións: 18 de setembro.


Animámosvos a consultar a información e formalizar a inscrición dentro do prazo establecido.

Grazas pola vosa participación e por seguir apoiando as iniciativas da ANPA!

9/07/2026

INSCRICIÓN SOCIOS DA ANPA CURSO 26-27

 

INSCRICIÓN NA ANPA FORNOBEDO — CURSO 2026/2027

Un ano máis, contamos contigo! 💙

A ANPA Fornobedo está formada por nais, pais e familias do centro que queremos colaborar, achegar ideas e facer que a vida escolar dos nosos nenos e nenas sexa un pouquiño mellor.

A ANPA é un espazo para compartir propostas, organizar actividades, colaborar co colexio e, sobre todo, dar voz ás familias. Entre todos e todas podemos contribuír a mellorar as instalacións, apoiar iniciativas e crear actividades das que poida gozar o alumnado.

Por iso, se queres formar parte da ANPA e colaborar con nós durante este curso, anímate a facerte socio/a! 😊

A cota para o curso 2026/2027, e como ven sendo nos últimos anos,  é de 20 € por familia (independentemente do número de membros)

Para inscribirte, só tes que cubrir os datos que aparecen a continuación e realizar o pagamento da cota. Unha vez feito, lembra achegar o xustificante bancario do pagamento.


INSCRICIÓN AQUÍ

Moitas grazas por colaborar e por formar parte da ANPA Fornobedo.
Entre todas as familias facemos comunidade! ❤️


  Dossier informativo para familias


(Durante este mes compartiremos a programación e iniciativas para este novo curso)

9/04/2026

MONITORES DE COMEDOR ESCOLAR

 🍽️💛 ¿AXÚDASNOS A COIDAR DOS MÁIS PEQUES?

O momento do comedor tamén forma parte da vida do cole, e para os nosos pequenos de Infantil, contar cunha persoa próxima que os acompañe durante ese anaquiño significa moito. 🥰

Desde a ANPA buscamos nais/pais que queiran colaborar como monitoras/es de comedor, axudando os peques durante a comida e acompañándoos neste momento do día.

Ademais, esta colaboración conta con:

- 🍽️ Comida gratuíta no comedor escolar

- 💶 12,50 € por día, abonados trimestralmente pola Consellería.


Se che apetece colaborar, sabes de alguén que lle interese, ou queres saber máis, ponte en contacto coa ANPA e contámosche como funciona.

Non fai falta facer nada extraordinario. Só acompañar e axudar.

¿Anímaste a formar parte? 💛

9/03/2026

CURSO 26-27 + CALENDARIO ESCOLAR

 ¡Comenzamos un novo curso! 🎒✨

Con ilusión, novos retos e moitas ganas de volver a encontrarnos. 💚





Polo momento compartimos as datas principais do calendario escolar para que poidades ter en conta as datas festivas. Aínda quedan 2 días pendentes de escoller como non lectivos. Estes non serán fixados no calendarios escolar ata que se celebre a 1ª reunión do Consello Escolar (durante os primeiros meses de curso).