9/14/2026

A BIBLIO DO COLE

A biblioteca do cole é moito máis ca un lugar onde coller libros. Ao longo do curso lévanse a cabo diferentes iniciativas, entre elas, os clubs de lectura, pensados tanto para o alumnado como para as familias, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e crear un espazo para compartir historias, opinións e experiencias.


📖 Clubs Bulideiras

Dirixido ao alumnado de Educación Primaria, o Club Bulideiras é unha das iniciativas con maior participación e éxito no cole.

Está organizado en tres niveis, adaptados ás diferentes idades e hábitos lectores:

  • 🟢 Nivel fácil
  • 🟡 Nivel intermedio
  • 🔵 Nivel avanzado

Os nenos e nenas participantes len as lecturas propostas e, posteriormente, realizan encontros periódicos en horario escolar para compartir impresións, comentar os libros e desfrutar da lectura en compañía.


☕📖 Café e Papel

A biblioteca tamén abre as súas portas ás familias, todos os días (agás os martes) en horario de extraescolates. As nais/pais tamén podemos facer préstamo de libros ou partricipar en Café e Papel, o club de lectura para adultos.

As reunións celébranse unha vez ao mes, xeralmente os venres, e son un espazo informal para falar de libros, compartir opinións e desfrutar dun momento de encontro arredor da lectura.

Non é necesario asistir a todas as lecturas: cada familia pode participar cando lle apeteza, segundo a súa dispoñibilidade e interese. Ademais, o club está aberto non só a nais e pais, senón tamén a outros familiares, como avós, avoas, tíos, tías...


📚 Porque a lectura tamén é unha oportunidade para compartir, coñecernos e crear comunidade. Estas son as lecturas propostas para este curso:

LECTURAS ALUMNADO E FAMILIAS

Animámosvos a participar nestas iniciativas e a descubrir todo o que a biblioteca do cole ten para ofrecernos ao longo do curso.