El espiritu navideño de Castrillón


Feliz Navidad


II Certame de adornos navideños


Actividades en Vigo


II San Silvestre


Actividades en Bueu






Sorteo Nadal da Excursión

Número premiado no sorteo das rifas de nadal vendidas polos nenos de Castrillón, correspondente o día 16/12/2013, co que se lle obsequia cun lote de Navidad.
O número é:  62792

Xornada 5 Liga Escolar Biberons


Orientación en Castrillón


ANPAS GALEGAS



Xa pertencemos á Confederación de Anpas Galegas.Pincha na imaxe para ler o artigo que se publicou no faro.
Por otra banda, xa está feita unha canle en Youtube de Anpas Galegas O obxectivo é facilitar a subida de vídeos.  Por agora só está subido ese vídeo pero, xa vedes, hai cambios na entrevista radiofónica. Onte  fora colocada provisionalmente no servidor até preparar o sitio da confederación en Youtube.
Podedes ver o video a dereita e ir a canle no enlace das anpas galegas nos links de interese.

GYMKHANA en Cangas


Fecimo, en arquivos adxuntos remítenos información detallada sobre a Gymkhana que se porá en marcha este Nadal. A información está en soporte dixital.
  • Por un lado, o documento de texto explicativo
  • Por outro, o anverso e reverso do mapa-pasaporte que entregaremos aos nen@s.
A partires do martes, entregaránse os mapas para distribuir entre os nenos.

Reunión Nadal na Rúa

Hoxe, mércores 11 de decembro, reunímonos algúns pais/nais dos nenos que participarán no Belén vivinte o próximo día 21 as 16:00.
Nela explicamos que os nenos teñen que disfrazarse de vellos, pastores,... ben abrigado (dependendo do día), e deben ser entregados no parque da Palma as 16:00 e recollélos o final da actividade, as 19:00.
Os pais/nais deixaránnos e non se introducirán dentro do Belén,darémoslle  nos a merenda (cousas feitas na panadería, chocolate, roscón, castañas,...) avisade se algún é alérxico a algún alimento.
Faremos distintos talleres: debullar maiz, construccións cos carozos, cestería, panadería e faremos un mural do colexio na rúa cos nenos que participen.
Esperámolo pasar moi ben, nos poñemos o noso gran de area neste Nadal, contamos co voso apoio e colaboración, se algún pai/nai quere colaborar que se poña de acordo coa anpa do cole.


LIGA DE BIBERONS 2013-2014

Pincha na imaxe

NADAL NA RUA

Pola presente convócase a tódol@s pais/nais que vaian participar no BELÉN VIVINTE a unha reunión o próximo mércores día 11 ás 16:00 horas no colexio.
O Belén instalarase o sábado 21 de decembro na Praza da Palma EN RECINTO CERRADO.


NOTA INFORMATIVA

Informamos pola presente nota informativa que tamén neste Nadal colaboraremos coas distintas
asociacións de carácter solidario do Concello de Cangas na recollida de alimentos (non perecedeiros) e xoguetes.
Os alimentos e mailos xoguetes recolleranse neste Centro desde o día 10 de Decembro ata o 19 do mesmo mes.

Un saúdo, en Castrillón-Coiro a 9 de decembro de 2013
A Dirección


CONCURSO


MUSEO

MUSEO DE PONTEVEDRA
 del 28 de Noviembre de 2013 al 12 de Enero de 2014
Conta a lenda que, en torno a mediados do S. XIX, un vidreiro moi pobre, non podendo permitirse comprar as mazás, noces e galletas coas que tradicionalmente se adornaba a Árbore de Nadal, decidiu imitar as súas formas soprándoas en vidro. Nacían así as bólas de Nadal de vidro.

Hoxe, seguindo métodos empregados desde hai case 200 anos, vidreiros de diferentes lugares de Europa, principalmente alemáns, checos, polacos, franceses e rusos, continúan creando estas preciosas pezas artesanalmente.

Con esta exposición queremos darlles a coñecer unha selección destas pequenas xoias e a súa historia, así como anécdotas curiosas que afectan ós personaxes e obxectos que protagonizan o Nadal e que estes adornos reproducen.



EXPOSICIONES


Casi 200 palomas compiten en A Retirosa por el Campeonato Galego de Pombas de Raza
Hoy es la apertura al público, de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 20.00 horas y mañana se podrán visitar también los ejemplares de 10.00 a 14.00 horas.

EXPOSICIONES

Liga escolar biberón 2013/2014

Esta semana, por motivo da ponte da Constitución, non haberá xornada.
Vémonos o sábado 14 de decembro


PROGRAMA "ENTRE FAMILIAS ANDA O XOGO"


CONTACTAMOS CON VOSTEDES DO PROGRAMA DA TVG "ENTRE FAMILIAS ANDA O 
XOGO",QUE PRESENTA ROBERTO VILAR E QUE SE EMITE OS DOMINGOS POLA NOITE 
NESTA CANLEPARA QUE OS ALUMNOS E ALUMNAS DESE CENTRO QUE QUEIRAN 
PARTICIPAR SE ANOTENCOAS SÚAS FAMILIAS. NO PROGRAMA QUE SE GRAVA O LUNS
 23 DE DECEMBRO OSRAPACES E RAPAZAS DE GALICIA CONCURSARÁN COAS SÚAS 
FAMILIAS PARA CONSEGUIRESES REGALOS DE NADAL QUE LLES FAN TANTA ILUSIÓN. 
OS ALUMNOS E ALUMNAS DESECENTRO QUE QUEIRAN CONCURSAR PODEN DEIXAR 
OS SEUS DATOS PERSOAIS NO
TELÉFONO 902 220 021 OU NO CORREO 
A DATA LÍMITE PARA ANOTARSE É O MÉRCORES 4 DE DECEMBRO.

Festival Solidario

Sábado, 30 de novembro   (ás 20:00 horas)

FESTIVAL SOLIDARIO a favor de CARITAS CANGAS
con la actución de la Banda juvenil de Cangas

XI Trofeo Concello de Cangas. Pedestrismo 2013. Memorial Pepe Cordeiro



listados adultos                 listados menores

    

10 ª GALA DO DEPORTE DE CANGAS



21/11/13

O Concello de Cangas, a través da Fundación Cangas Deporte, convoca a “GALA DO DEPORTE DE CANGAS” que terá lugar o vindeiro día 27 de decembro do 2013, no Auditorio Municipal a partires dás 20.00 h, e que se desenvolverá coas seguintes bases:

1. A Gala do Deporte de Cangas ten como obxectivo primordial premiar a labor e o traballo dos mellores deportistas, homes e mulleres, en función dos seus éxitos deportivos no ano 2013 ou tempada 2012/13.

2. Para poder ser nomeado a un dos premios desta gala por modalidade deportiva, os deportistas deberán estar empadroados ou nados no Concello de Cangas e estar federados no seu deporte, inda que non compitan nun club de Cangas.

3. Os interesados deberán nomear a tres deportistas para a súa modalidade deportiva. Asómesmo poderán realiza-las ditos nomeamentos calquera persoa ou entidade, cumprindo o recollido no apartado 2 destas bases.

4. Os nomeamentos, por medio da folla oficial que se achega nesta convocatoria, deberán presentarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sita na Rúa Real, 29 ou ben a través do correo electrónico: fundacion@cangasdeporte.com

5. Na folla de nomeamento, deberán destacarse os éxitos deportivos acadados polos nomeados durante o ano 2013 ou tempada 2012/13, así como tódolos datos persoais solicitados e fotos dos electos. Posteriormente o xurado valorará os nomeamentos e determinará os premiados.

6. O prazo para a presentación dos nomeamentos rematará ás 14.00 horas, do venres día 29 de novembro do 2013.

7. Entre tódolos nomeamentos presentados para cada modalidade, o xurado determinará os gañadores en cada unha delas.

8. De entre tódolos/as deportistas electos, a organización a través do seu xurado, elixirá ós gañadores para os premios o mellor deportista masculino e feminino da tempada, que serán galardoados cun trofeo e unha bolsa de 250,00 € en material deportivo.

9. Asúmesmo o xurado galardoará tamén cun trofeo e un bolsa de 150,00 € en material deportivo as mellores promesas masculina e feminina.

10. No respecto os dous puntos anteriores o premio poderá repartirse a mais dun deportista por coincidencia de méritos, ampliándose o importe das bolsas e no caso de que os/as candidatos/as propostos polos clubs, non reuniran os requisitos necesarios, a xuízo do xurado, este poderá elixir a aquel deportista que considere que ten mellores méritos para acceder ó nomeamento.

Cross de Nazaret

Nazaret abre la temporada de cross Las carreras contaron con 385 niños
Cristina G. | Cangas 25.11.2013 | 17:16

Con el buen tiempo como aliado, el Colegio de Educación Infantil y Primaria Nazaret de Cangas abrió la temporada de los cross escolares con la celebración de la quinta edición del suyo que reunió a 385 niños, con edades entre los 3 y los 12 años. En el éxito de la prueba influyó también el apoyo de las entidades colaboradoras: Anpa de Nazaret, Policía Local, Fundación Cangas Deporte y Club de Atletismo Vila de Cangas, que gestionó la logística. Las carreras, alrededor del centro escolar, comenzaron con las categorías mayores, en concreto, con las alevines mujeres, que recorrieron 800 metros, y en la que quedaron como primeras clasificadas Ariadna Gil, Valeria Fernández e Irene Menéndez, todas ellas del Nazaret. En la categoría masculina vencieron Aaron Domínguez (San Roque), Lope Quinteiro (San Roque) y Raúl Cortizo (Castrillón).

Los benjamines mujeres rebajaron el recorrido de la competición a 650 metros. Sara Mallo (Nazaret) se alzó con la victoria, seguida de María González (Domaio) e Irene Ruiz (Castrillón). Las medallas para los niños, con idéntico recorrido, fueron para Denis Fernández (Nazaret), Hugo Entenza (Castrillón) y Aaron Otero (Nazaret).

El recorrido de los prebenjamines fue de una vuelta de 350 metros con Inés Bernárdez (Nazaret), Claudia González (Quintela) e Iris Malvado (O Hío) como vencedoras. En niños ganaron Diego Martínez (San Roque), Marcos Santos (A Rúa) y Antón Rodal (San Roque). Los pequeños de 5 años, de infantil, corrieron 100 metros consiguiendo podio Enma Regueira (A Pedra), Fátima Abolir (A Rúa) y Leire Fonseca (Nazaret) y David Entenza (Castrillón), Iago Juncal (Casa de la Virgen) y Anxo González (Castrillón). En 4 años ganaron Ana Costas (Nazaret), Ana Cancelas (A Rúa) y Aitana Villar (A Rúa), mientras que en niños Simón Arroyo (Nazaret), David García (Nazaret) e Iker Santomé (Domaio).Las debutantes de 3 años con podio fueron Aixa Costas (Nazaret), Yara Rodríguez (Castrillón) e Ilana León (A Rúa). En niños vencieron Tiago Leiro (Nazaret), Luis Lagoa (Nazaret) y Faik Graña (Castrillón).

LIGA ESCOLAR BIBERÓN 2013/2014

pincha en la foto

VII Concurso postais de nadal

VII Concurso postais de nadal 
na Biblioteca de Coiro,
recolle as bases na biblioteca.


Nadal na rúa

A ANPA Fornobedo vai colaborar este ano no nadal en Cangas, inscribímonos  na categoría da rerepresentación dun belén viviente .
Terá lugar o día 21 de decembro dende as 16:00 as 19:00, faremos talleres para os nenos que participen nesta actividade, Pedimos a vosa colaboración, necesitamos que nos envien a solicitude para saber co número de nenos que contamos, tamén animamos os pais para que colaboren con nós.
Entregade no colexio a folla de inscripción antes do mércores 27 de Novembro.

Nota informativa

Pola presente a ANPA Fornobedo de Castrillón informa a todos os pais e nais que os dorsais para participar no cross de Nazaret o vindeiro domingo 24, entregaranse no mesmo día. Haberá unha delegada desde as 9:30 para repartirlos.

Debuxa o teu cole


Liga Escolar Biberón

Achégovos documentos coas normas e participantes do torneo, ademáis dos horarios da 1ª xornada, que se disputa o próximo sábado 16.





Revisión Bucodental

A Asociación de Pais e Nais "Fornobedo" do CEIP Castrillón en colaboración con VITALDENT están programando unha campaña de Revisión Bucodental.
Si estades interesados en que o voso fillo/a participe nesta campaña, Recortade e Devolvede cuberta e asinada a autorización enviada polos nen@s.


Charla Coloquio

O vindeiro mércores 13 de novembro ás 17:00 no colexio de San Roque de Darbo, terá lugar unha charla coloquio que abordará os temas de:
- Doación e trasplante da médula ósea
- Doación do cordón umbilical            


cangasXIV Xornadas de Educación para a Saúde 
Inscrición: Centro de Información ás Mulleres, Rúa de Andalucia 3 Baixo Edificio Xoia


Horario de Luns a Venres de 8:30 a 15:00 - Tel. 986392268





Concurso Fotográfico "Fotos pola Igualdade" cangasA concellería de Servizos Socias, Sanidade e Muller colabora no concurso de fotografía “Fotos para a igualdade” organizado polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo- A Guarda do que o Concello de Cangas forma parte. O prazo de entrega das imaxes comeza o día 1 de novembro e rematará o día 25 de novembro ás 14.00. 

VISITADE BUEU

XORNADAS MICOLÓXICAS



MERCADO ECOLÓXICO E ARTESANAL 



Solidaridade Galega co Pobo Saharaui

Informamos pola presente nota que este ano tamén colaboraremos coa asociación de carácter solidario na recollida de alimentos (garavanzos, lentellas, aceite de oliva, atún) e productos de hixiene.

Os alimento e os productos de hixiene recolleranxe neste Centro desde o día 8 de novembro ata o 20 do mesmo mes.


Dirección



Magosto de Castrillón

O vindeiro Sábado,09 de novembro, os colectivos da parroquia organizan o tradicional magosto no Pavillón do Ceip Castrillón.

A partir das 18:00 horas poderás degustar castañas e bocatas de chourizo acompañados de música tradicional.


¡¡¡ANÍMATE E PARTICIPA!!!


Cross Escola do Ceip de Nazaret


Samain en Castrillón

30 de outubro no cole de Castrillón... Celebramos o Samaín por tódolo alto. Houbo exposición de cabazas, onde puidemos disfrutar dunha ampla diversidade de modelos froito da inmensa imaxinación de pais/nais e de nen@s, e contacontos de medo na biblioteca, que estivo ambientada para tal fin.


Contos de medo no Samain


Casa K vai celebrar o Samaín cunha sesión especial de “Contos de medo”, este sábado 2 de novembro a partir das 12:00 horas, con entrada libre e de balde. O suspense, a emoción e os sustos serán os ingredientes dos relatos infantís que conformarán o repertorio:
O protagonista de  “Gato Guille e os monstros”, de Rocío Martínez, está atemorizado polos estraños sons que sente na súa casa: os ruídos do ascensor, da lavadora ou da cisterna convértense en terribles mostros na súa imaxinación.
O clásico de Tomi Ungerer “Os tres bandidos” envolverá o ambiente de perigo para narrar as aventuras de tres asaltadores de carruaxes armados cunha machada vermella, un trabuco e un fol de pementa.
Pero todos os medos teñen solución grazas a “Sacapenas”, un álbum de Anthony Browne co que aprendemos un sinxelo remedio para combater as preocupacións. Precisamente, esta sesión de “Contos de medo” rematará cun obradoiro de confección de pequenos bonecos sacapenas utilizando materiais sinxelos, como papel e lapis de cores.


Cómic "Os perigos de Internet"

O Valedor do Pobo e a  Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende acercar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden encontrar os menores de edad no uso das tecnoloxías e de qué maneira seus comportamientos poden chegar a alterar a convivencia normal nos seus fogares.





Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a @s escolares, naveguen con tino pola Rede.
    

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil.

Nota informativa

Poñemos o voso coñecemento que tal e como recolle o DOG do 6 de xuño de 2013 no que aparece o calendario escolar do curso 2013-2014 figuran como días non lectivos:
  • O 31 de Outubro de 2013 (día do Ensino)
  • O 1 de novembro de 2013 ( festividade de tódolos santos)

Polo que non haberá clases nin actividades extraescolares pola tarde.
As clases reanudaranse con normalidade o próximo luns 4 de Novembro.
A Dirección

XVIII CARREIRA PEDESTRE “SAN MARTIÑO”

Bueu
10 NOVEMBRO 2013

Xoves de Samain

A Federación das ANPA de Bueu (constituída por tódalas ANPA dos colexios do pobo) organi­za outro ano máis un MAGOSTO-SAMAÍN o vindeiro xoves 31 de outubro, a partir das 17:00 h., na Praza Massó (os pais e nais que desexen colaborar na preparación da festa, sobre todo para picar as castañas, poden achegarse ao redor das 16:00 h).
Haberá actividades de animación para os rapaces e rapazas, e castañas para todo o mundo.
Non vos esquezades de traer as vosas CABAZAS DE SAMAÍN para facer a tradicional e fan­tasmagórica exposición no medio da praza.
Colabora na organización o Concello de Bueu.
Nota: Inda que dá bo tempo, se ao final empeorase, cambiariamos para o sábado 2 de novembro á mesma hora.





Mércores de Samain

Mañán espero a vosa visita no colexio para ver as tres exposicións do Samain, dúas de cabazas e outra na biblioteca onde podedes ver libros para esta época do ano.
Os nenos terán contacontos de Samain, é unha biblioteca terrorífica onde as pantasmas voan, as arañas tecen tea por doquier,os esqueletos andan a ler os libros, as gárgolas queren escoitar os contos,.....
Sorpresa para todos, disfrutade do Samain este fin de semana.
Dende Fotocastrillón os nosos reporteiros fixeron os seguintes carteis anunciando dito evento e onde podedes atopalos, non os equivoquedes de camiño pois non vai ser que atopedes con Buli Zombi.








Facebook

Xa estamos en Face, o enlace onde tedes que acudir é o seguinte:


Clicade en Me gusta e teredes a información tan pronto a publique, fai moi pouquiño que a temos e por iso non temos publicado muitas cousas.
Temos a seguinte imaxe no facebook, espero que vos sexa de utilidade.



Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.