COMEDOR CURSO 2014 / 2015


COMEDOR CURSO 2014 / 2015
A Xunta de Galicia acaba de publicar as instrucións  para os comedores no curso 2014 / 2015.
O sistema de pago basearase na declaración da renda do ano 2013, establecendo pagos de 0, 1, 2.5, e 4.5 euros diarios.






No caso de persoas que non teñan que presentar declaración da renda, utilizarán os datos do borrador para facer os cálculos.

O modelo de autodeclaración que se adxunta a esta nota,  deberá presentarse no colexio debidamente cuberta  hasta o 11 de xullo,  ou de 1 a 10 de setembro.

PINCHADE AQUI PARA A AUTODECLARACIÓN 2014-2015

Banco libros do concello


13 Mostra de Teatro Escolar


¡¡ANPA INFORMA!!

Festival Letras Galegas Castrillón



Campaña de verán do Concello de Cangas


Escolas deportivas de Verán



XXXI Edición da Mostra de Teatro de Cangas

Consultade as actuacións pinchando na imaxe

XI LUDOTECA DEPORTIVA DE VERáN

Temos a ben en facilitarvos a información para poder participar na XI Ludoteca Deportiva de Verán:

DURACIÓN: do 30 de xuño ó 29 de agosto (2 días a semana - 09.30/13.30 h (4 h día) 
CENTROS LUDOTECA: colexios NAZARET, SAN ROQUE, HÍO ou ESPIÑEIRA 
DESTINATARIOS: nenos/as que cursaran este ano Educación Infantil ou Primaria
INSCRIPCIÓNS
Na Fundación Cangas Deporte (sita na Rúa Real, 29 – Casa da Xuventude) en horario de 09.00/14.00 h
O prazo de recollida rematará o vindeiro venres, día 20 de xuño.

CUOTA TOTAL CURSO: 50,00 € - 5 € (a aboar no momento da inscripción) + 45 € (a través do banco)

OPCIÓNS PARA O ABONO DA ACTIVIDADE: O pago da actividade deberá realizarse entre o 1 e o 10 de xullo.

1. Banco: solicitar o impreso na Fundación Cangas Deporte, cumprimenta-los datos requeridos, entrega-lo no banco e facer o pago da actividade.

2. Internet (TPV): solicitar o impreso na Fundación Cangas Deporte e seguir os pasos marcados aqui (http://portal.lacaixa.es/pagos/impuestosrecibosmatriculas_es.html)

Para calquer dúbida, solicitar información no teléfono: 986 392 166 (Fundación Cangas Deporte)

Final Biberóns

                      

XUVENTUDE PRESENTA A CAMPAÑA DE CAMPAMETOS E LUDETAS DE VERÁN


Como novidade este ano os rapaces e rapazas realizaran actividades náuticas. O prazo para inscribirse comeza o próximo luns 2 de xuño. O prezo é de 45 euros.
Ademais o programa recolle a celebración dun campamento de doce días nunhas instalacións xuvenís da Xunta de Galicia no mes de agosto. Segundo explicaron os técnicos está solicitado o Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son aínda que non está pechado. O prezo de inscrición é 130 euros. O prazo de inscrición comezará nos próximos días.

PINCHADE na imaxe

CINANIA ORGANIZA O XI TROFEO COPA TENIS DE MESA



O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves ás 22.00 horas. A inscrición é gratuíta.

Cangas, 02/06/2014
O Club Cinania de Tenis de Mesa organiza para o vindeiro sábado 7 de xuño o XI Trofeo Copa de Tenis de Mesa que terá lugar no Pavillón Municipal de Romarigo a partir das 16.00 horas. No evento, que é de ámbito autonómico, participarán ao redor de medio centenar de deportistas repartidos en dúas: menos de 12 anos e maiores de 12 anos. Ás 21.00 horas poñerase punto e final a esta edición coa entrega de premios para os tres primeiros en cada categoría. Dende a entidade deportiva sinalan que o obxectivo de organizar este tipo de probas deportivas é a promoción e difusión do tenis de mesa no municipio

O CEIP SAN ROQUE ACOLLE O DOMINGO O SEU “X CROSS ESCOLAR”


Cangas, 03/06/2014
A ANPA do Ceip San Roque organiza o “X Cross Escolar” que se celebrará este domingo día 8 de xuño e no que participarán alumnos e alumnas do propio centro escolar así coma dos demais colexios do municipio. Haberá tamén unha proba especial de 380 metros para os pais e nais que se animen a unirse a este evento deportivo.
As probas comezarán ás 10.00 horas e está previsto que se prolonguen ata ás 13:30 cando se celebrará a entrega de premios. Realizaranse diferentes carreiras nos arredores do colexio en función das categorías dos nenos e nenas (Pitufo, Mini Benxamín, Benxamín, Alevín e Popular) con distancias acordes a cada unha.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores día 4 de xuño aínda que o mesmo día do evento tamén se poderán facer anotacións de última hora.
Polo mero feito de participar neste X Cross Escolar todos os deportistas recibirán un agasallo.



Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.