Por este motivo, todos aqueles nen@s que queiran traer unha cabaza poderán facelo o luns 28 ou o martes 29, co compromiso de que o mércores día 30 terán que levalas de novo para casa. As cabazas que non sexan recollidas irán o lixo.
O luns 28, martes 29 e mércores 30, o día que teñan a última sesión de inglés da semana, poderán traer da casa dentro dunha bolsa un disfraz para poñelo na festa da clase. Os profesores daránlle tempo para poñelo, tamén poden traer comida e bebida para a festa que terán na clase.