Boas familias,
Informámosvos de que xa se pode proceder ao pago da excursión á Illa de Ons para ir formalizando as reservas.
O importe final será de 13,50 € / persoa. Grazas a que finalmente contamos cun grupo máis numeroso o custe baixou un pouco. Os menores de 3 anos non pagan. (Se xa teñen os 3 cumpridos sí)
O pago pode realizarse de dúas formas:
- Mediante transferencia bancaria ao seguinte número de conta:
ES35 0049 7823 0328 1002 7378 (B. Santander) Poñer en concepto a mesma persoa que puxestes como responsable no cuestionario. - Pasando polo local da ANPA e facendo efectiva a entrega. Neste caso, pregamos que avisades previamente por WhatsApp para tratar de cadrar un día.
Iremos facilitando información máis detallada, pero en principio o horario será:
- 10:00 h → entrega de billetes e embarque no Porto de Bueu. Embarcaremos de forma conxunta, cada pasaxeiro con seu billete en man (salvo indicación contraria por parte da naviera).
- 10:30 → saída
- 19:30 h → regreso
Pola mañá realizarase unha ruta (nada mais chegar á illa. Indicarán as normas do parque e comezaremos a andaina) e pola tarde haberá algún xogo ou actividade de animación (a hora será indicada por consenso co guía no propio día). O resto do tempo será libre.
A comida corre por conta de cada familia.
Deixamos tamén o enlace de inscrición por se alguén máis quere anotarse nesta última apertura de prazo:
https://forms.gle/X6McrACUCvDTJgdL6
📅 Data última de inscrición e pagos: venres 5 de xuño.
Moitas grazas!