5/30/2014

Ya están los listados



PINCHADE  na imaxe para ver os resultados

Biblioteca coiro



Poñemos no seu coñecemento que no vindeiro mes de xuño non haberá actividades extraescolares pola tarde.
O horario escolar  será o seguinte:
- Actividade docente de 9:15 a 14:15
- Servicio de comedor de 14:15 a 15:40
O servicio de autobuses funcionará, como de costumbre, cos horarios e paradas habituais.
Solicitamos a colaboración das familias que recollían aos seus fillos os martes pola tarde no colexio para que, na medida das súas posibilidades, o fagan tódolos días durante o mes de xuño.

Aprendo a xogar


PINCHADE na imaxe para ver as bases


PINCHADE na imaxe



CHARLA COLOQUIO

 “O uso de Internet e as Novas Tecnoloxías entre os/as adolescentes: claves para entender e previr”
Cangas, 27/05/2014
DATA: Venres 6 de Xuño de 2014 
HORA: 19:00 h. 
LUGAR: Salón de Plenos do Concello de Cangas


Pinchade  na imaxe


5/23/2014

A Volta Yunior

A Fundación Deporte Xoven, do Consello Superior de Deportes xunto coa Asociación de Ciclistas Profesionais ACP, fixeron no colexio unhas aulas de ciclismo, dirixido ós alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. 
Consta de dúas partes: unha teórica e outra práctica, de todos os alumnos fixose unha selección que participará na seguinte parte que será a Volta Yunior.
Os seleccionados participarán recorrendo os dous últimos kilómetros polos que pasarán pouco despois os ciclistas profesionais que estén disputando o final de etapa da Volta Ciclista a España coa chegada a cidade.

VI Xornadas de convivencia

A ANPA puxo á venda unhas rifas coa finalidade de recadar fondos para financiar as xornadas para todo o alumnado do centro, vaixe a celebrar o día 20 de xuño.

PRECISAMOS DA COLABORACIÓN DE TOD@S!!!

Estaría ben que cada familia do centro colaborara coa Asociación vendendo, polo menos UN talonario ou as rifas que poida.

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

5/20/2014


Liga biberón

Moi boas.
O Pavillón de Rodeira será unha das sedes de votación nas eleccións europeas do próximo domingo, polo que dende o venres ao domingo non poderá ser utilizado para outros menesteres.
Polo tanto, non nos queda outro remedio que aprazar a xornada prevista da Copa. Disculpade as molestias. Un saúdo dende a EFB Cangas.

5/10/2014



         ¡¡NOVA INFORMACION!!


        
   
    O próximo domingo 25 de Maio celebrase a 34 Edición do Cross CEIP Domaio e queren convidarnos a disfrutar deste día con eles. O prazo de inscripción estara aberto ata o día 15 deste mes. Recordade que  todolos que estedes interesados en participar tedes que entregar a ficha cuberta. O cross celebrarase no circuito de Fontenla que se atopa detrás da gasolineira de Rande, en Domaio. Os dorsais entregaranse o mesmo día do cross. As probas comenzaran as 10 da mañan. 
Pinchade na imaxe para ter máis información e para inscribilo aqui tedes a folla de inscripción, pinchade no link.