10/21/2013

Natación en Castrillón

OFERTA ACTIVIDADE  NA PISCINA AQUA20  PARA NENOS DO COLEXIO CASTRILLÓN
TEMPADA 2013-2014


Oferta Especial (prezos): NATACIÓN
                                      1 día semana: 15 €/mes
                                      2 días semana: 25/mes
HORARIOS: Son de 16:30 a 19:30 e o usuario pode elixir o que queira.

A oferta é vixente ata xuño e calquera nen@ que queira inscribirse poderá facelo en calquera momento da tempada sempre e cando presente o recibo da ANPA pagado deste ano para confirmar a inscrición. En canto teñamos 25 nen@s poderemos comezar a actividade a primeiros de novembro polo que URXE que vos anotedes canto antes.

Aqueles nen@s que xa sexan usuarios de dita piscina DEBEN de anotarse nesta solicitude para poder acollerse a esta oferta especial, marcade pois a casilla de usuarios.
Os familiares directos terán matrícula gratuíta e un 5% de desconto sobre a tarifa comercial habitual por cada membro que se inscriba.

Condicións de uso:
-        As inscricións faranse directamente na ANPA e a oferta estará vixente durante toda a tempada, isto é, de Outubro 2013 a Xuño de 2014.
            Para validar a oferta deberán presentar o recibo de pago da ANPA deste ano.

-        Esta oferta fai referencia exclusivamente ao uso da piscina  e non é acumulable a outras ofertas do centro tales coma permanencia no centro, descontos familiares ou por pago adiantado.
-        Os alumnos non poderán acceder a ningún outro servizo ou sala do centro, entre eles a sauna, jacuzzy,sala de fitness,…


-      Esta oferta é cerrada para o colexio de Castrillón.