Mércores de Samain

Mañán espero a vosa visita no colexio para ver as tres exposicións do Samain, dúas de cabazas e outra na biblioteca onde podedes ver libros para esta época do ano.
Os nenos terán contacontos de Samain, é unha biblioteca terrorífica onde as pantasmas voan, as arañas tecen tea por doquier,os esqueletos andan a ler os libros, as gárgolas queren escoitar os contos,.....
Sorpresa para todos, disfrutade do Samain este fin de semana.
Dende Fotocastrillón os nosos reporteiros fixeron os seguintes carteis anunciando dito evento e onde podedes atopalos, non os equivoquedes de camiño pois non vai ser que atopedes con Buli Zombi.








Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.