10/23/2013

Os Axóuxeres

 Domingo 3 de novembro, ás 12.00 h, no Centro Sociocultural Daniel Castelao, en Quintela.
Os Axóuxeres traen a Moaña historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos, desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.
¡Reserva!
A entrada para os Encontros dos Axóuxeres é de balde, con reserva previa ata completar a capacidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse previamente, de luns a venres e en horario de 10.00 h a 14.00 h, 
no teléfono 610 641 570. Admitiranse reservas dende unha semana antes de cada sesión.