FOLGA XERAL


NOTA   INFORMATIVA
FOLGA  XERAL EN  EDUCACIÓN DO
 24 DE OCTUBRO DE 2013

En relación coa convocatoria de folga na educación pública do vindeiro xoves 24 outubro, a Federación de Anpas do Centros Públicos de Cangas mantivo o pasado mércoles 16 de outubro unha reunión extraordinaria, na que se decidiu por maioría secundar a citada folga.
Como ANPA integrada nesta federación, convocamos a toda a comunidade escolar do CEIP CASTRILLÓN a secundar a folga xeral do vindeiro xoves, nais e pais, alumnos e alumnas, avoas e avós, mestras e mestres, tías e tíos, etc.
Asimesmo, convocámosvos a participar nunha CONCENTRACIÓN na praza do Concello de Cangas, ás 19:30h e posible marcha dependendo do nº de manifestantes.
Exise con nós a paralización de tódalas medidas de recorte e desmantelamento do sistema educativo público.
-Non ao copago nos comedores
-Non a redución das plantillas de profesorado en detrimento da calidade educativa para os nosos fillos e fillas.
-Non a LOMCE.
É hora de que saiamos todos xuntos e manifestemos as nosas inquedanzas, que ensinemos ós nosos fillos e fillas a loita polos dereitos xa adquiridos e que agora nos queren arrebatar.

            Porque ti, todos nós, temos unha responsabilidade frente ao funcionamento do sistema educativo, que ademáis de afectar a túa filla e a teu fillo,  afecta a sociedade enteira.

Manifestación en Vigo ás 11:30h en la Praza dos Cabalos
Manifestación en Pontevedra ás 11:30h en la Praza da Peregrina

ÚNETE A NÓS!!!

NON Á LOMCE“




Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.