10/25/2013

Xa chega o Samain o Castrillón


A vindeira semana, celebraremos no colexio o Samain e o Halloween nas clases de inglés.
Por este motivo, todos aqueles nen@s que queiran traer unha cabaza poderán facelo o luns 28 ou o martes 29, co compromiso de que o mércores día 30 terán que levalas de novo para casa. As cabazas que non sexan recollidas irán o lixo.

As cabazas estarán expostas na entrada da clase de inglés (en primaria), no salón de actos (infantil) e na biblioteca celebrarase o longo do mércorés contacontos de medo, podedes ollar a transformación de dita biblioteca.
O luns 28, martes 29 e mércores 30, o día que teñan a última sesión de inglés da semana, poderán traer da casa dentro dunha bolsa un disfraz para poñelo na festa da clase. Os profesores daránlle tempo para poñelo, tamén poden traer comida e bebida para a festa que terán na clase.