4/11/2026

CROSS ESCOLAR 2026

  A ANPA FORNOBEDO organiza este ano unha edición máis do Cross escolar e popular do CEIPP Castrillón, o derradeiro domingo de abril. Xa imos pola XXVII edición!!!!

DATA DE CELEBRACIÓN: 26 de Abril do 2026

HORARIO: A partir das 10:00 horas.





A tal fin, queremos convidar a todo o alumando e familias a participar nas diferentes probas, atendendo ás seguintes categorías segundo a ano de nacemento.

● PITUFOS 3 anos ……………………2022

● PITUFOS 4 anos ……………………2021

● PITUFOS 5 anos …………………...2020

● PREBENXAMÍNS………………... 2018-2019

● BENXAMÍNS…………………….. 2016-2017

● ALEVÍNS………………………… 2014-2015

● INFANTÍS………………………… 2012-2013

● CADETES………………………… 2010-2011

● POPULAR………………………… 2009 e anteriores


Como ben saberedes, non só está dirixido a alumnado e familias de Castrillón senón que tamén serán invitados a participar outros colexios de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa.

As inscricións realizaranse a través dun formulario online que vos faremos chegar.  Cada colexio ou localidade ten o seu propio polo que agradecemos que cubrades o formulario correcto fixándovos no título que encabeza o documento. Isto facilítanos o proceso de realización de dorsáis. 

O prazo límite de inscricións será o domingo 19 de Abril ás 20:00h.


Inscripción exclusivas do CEIPP Castrillón:  

https://forms.gle/oBam7N8X71xev9Th9


Inscripción exclusivas doutros centros educativos de CANGAS:  

https://forms.gle/Brwtvt73z3Uwz1Pf7


Inscripción exclusivas de centros educativos de MOAÑA: 

 https://forms.gle/eQeb5hi4iwXigBWW6


Inscripción exclusivas de centros educativos de BUEU:   

https://forms.gle/U9Nc9XGzFQNvrutN7


Inscripción exclusivas de centros educativos de VILABOA: 

  https://forms.gle/W8zqMNoJNQDvCpY18



entrega de dorsais do cole Castrillón será a través do propio alumnado. Tanto para o alumnado de Castrillón como para o alumnado doutros centros.

Está permitida a inscrición o mesmo día ata o comezo do mesmo, que será ás 10:00h hora límite. Neste caso o dorsal será feito á man.

orde das carreiras será a seguinte: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular/pais/nais, na súa categoría masculina e feminina. Esta orde pode alterarse en función das condicións meteorolóxicas ou organizativas.

Ó remate das carreiras haberá entrega de premios en todas as categorías e sorteo de agasallos entre todos os participantes das probas.


Así mesmo, detallamos a continuación, as distancia e o percorrido de cada categoría.




Por último, aconsellamos vir con tempo para aparcar e dispoñerse na liña de saída das probas sen dificultade, xa que algúns dos accesos próximos ao cole estarán pechados por seguridade








Esperámosvos o día 26!!  Será unha bonita xornada!!