A ANPA FORNOBEDO organiza este ano unha edición máis do Cross escolar e popular do CEIPP Castrillón, o derradeiro domingo de abril. Xa imos pola XXVII edición!!!!
DATA DE CELEBRACIÓN: 26 de Abril do 2026
HORARIO: A partir das 10:00 horas.
● PITUFOS 3 anos ……………………2022
● PITUFOS 4 anos ……………………2021
● PITUFOS 5 anos …………………...2020
● PREBENXAMÍNS………………... 2018-2019
● BENXAMÍNS…………………….. 2016-2017
● ALEVÍNS………………………… 2014-2015
● INFANTÍS………………………… 2012-2013
● CADETES………………………… 2010-2011
● POPULAR………………………… 2009 e anteriores
Como ben saberedes, non só está dirixido a alumnado e familias de Castrillón senón que tamén serán invitados a participar outros colexios de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa.
As inscricións realizaranse a través dun formulario online que vos faremos chegar. Cada colexio ou localidade ten o seu propio polo que agradecemos que cubrades o formulario correcto fixándovos no título que encabeza o documento. Isto facilítanos o proceso de realización de dorsáis.
O prazo límite de inscricións será o domingo 19 de Abril ás 20:00h.
Inscripción exclusivas do CEIPP Castrillón:
https://forms.gle/oBam7N8X71xev9Th9
Inscripción exclusivas doutros centros educativos de CANGAS:
https://forms.gle/Brwtvt73z3Uwz1Pf7
Inscripción exclusivas de centros educativos de MOAÑA:
https://forms.gle/eQeb5hi4iwXigBWW6
Inscripción exclusivas de centros educativos de BUEU:
https://forms.gle/U9Nc9XGzFQNvrutN7
Inscripción exclusivas de centros educativos de VILABOA:
https://forms.gle/W8zqMNoJNQDvCpY18
A entrega de dorsais do cole Castrillón será a través do propio alumnado. Tanto para o alumnado de Castrillón como para o alumnado doutros centros.
Está permitida a inscrición o mesmo día ata o comezo do mesmo, que será ás 10:00h hora límite. Neste caso o dorsal será feito á man.
A orde das carreiras será a seguinte: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular/pais/nais, na súa categoría masculina e feminina. Esta orde pode alterarse en función das condicións meteorolóxicas ou organizativas.
Ó remate das carreiras haberá entrega de premios en todas as categorías e sorteo de agasallos entre todos os participantes das probas.
Así mesmo, detallamos a continuación, as distancia e o percorrido de cada categoría.


.png)
.png)