2/14/2014

Nota de Prensa en apoio ó Anpa do Ceip Espiñeira

A Federación de Anpas de centros públicos de Cangas A Gameliña, informalles que as anpas dos colexios de Castrillón, Nazaret e San Roque, únense a decisión das anpas do Hío e A Rúa de non participar no programa de entroido organizado polo concello, en apoio da Anpa do Ceip Espiñeira.
Ademáis dos institutos, ainda que estes non foran convocados para o evento.
Polo tanto, NON participamos nas actividades de festexo do entroido organizadas polo concello ata que lle den unha solución co arranxo inmediato da instalación.
Atentamente
A Xunta Directiva