6/04/2014

O CEIP SAN ROQUE ACOLLE O DOMINGO O SEU “X CROSS ESCOLAR”


Cangas, 03/06/2014
A ANPA do Ceip San Roque organiza o “X Cross Escolar” que se celebrará este domingo día 8 de xuño e no que participarán alumnos e alumnas do propio centro escolar así coma dos demais colexios do municipio. Haberá tamén unha proba especial de 380 metros para os pais e nais que se animen a unirse a este evento deportivo.
As probas comezarán ás 10.00 horas e está previsto que se prolonguen ata ás 13:30 cando se celebrará a entrega de premios. Realizaranse diferentes carreiras nos arredores do colexio en función das categorías dos nenos e nenas (Pitufo, Mini Benxamín, Benxamín, Alevín e Popular) con distancias acordes a cada unha.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores día 4 de xuño aínda que o mesmo día do evento tamén se poderán facer anotacións de última hora.
Polo mero feito de participar neste X Cross Escolar todos os deportistas recibirán un agasallo.