11/03/2023

Samaín 2023

 Como cada ano por estas datas, no cole organízase unha exposición de cabazas decoradas para a ocasión.

O alumnado aporta libremente unha cabaza elaborada na casa e ornamentada como mais guste. Posteriormente expóñense no salón de actos, tamén ambientado coa temática do Samaín.

Todos os alumnos puideron disfrazarse (salvo mascaras e accesorios) e pintar a cara para facer o particular homenaxe ao día dos mortos. Para completar aínda mais o día, proxectáronse películas, merendaron postres temáticos e mesmo escenificaron rondas de relatos de medo ós seus compañeiros.

Aquí vos deixamos uns anaquiños do día mais terrorífico do ano en Castrillón.