11/03/2023

XORNADAS POLA IGUALDADE 2023


Fai un tempo nos concederon, a través da Federación de Anpas, unha subvención para desenvolver propostas de Igualdade entre as familias dos diferentes centros de Cangas, tanto de primaria como de secundaria.

Despois de traballar arreo para que as iniciativas saísen adiante, queremos presentarvos as actividades que se van a levar a cabo dentro destas Xornadas pola Igualdade. Haberá obradoiros e charlas tanto para o alumnado como para as familias e a temática xirará, entre outros temas,en torno á muller na música e no deporte.

Deixamos este vídeo-presentación que resume as propostas das XORNADAS POLA IGUALDADE 2023



(Actividades levadas a cabo a través da axuda económica ás Anpas, destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres recibida pola Federación de Anpas A Gameliña)

                                         

As propostas formativas escóllense, co obxetivo de ofrecer ferramentas para educar en igualdad en todos os ámbitos e así construir conxuntamente ás bases dunha convivencia pacífica e igualitaria.
Para elo, nestas xornadas revisamos os modelos que, as veces insconscientemente, transmitimos ás nosas fillas, fillos e menores de noso entorno.



DATAS DOS EVENTOS PARA O CEIPP CASTRILLÓN:

- 5 de novembro: obradoiro para crianzas "Mulleres en acción" (maiores 6 anos)

- 13 de novembro: Taller "Muller e música" con Wöyza (para 5º de primaria)

- 15 de novembro: Taller "Muller e música" con Wöyza (para 4º de primaria)

- 23 de novembro: Taller para familias "De barbies a influencers" (haberá servizo de coidadores para cativos)

-26 de novembro: obradoiro para crianzas "Chapas e cromos".

- (data por determinar): Obradoiro para crianzas "Marcando marcas"