9/12/2024

Comezamos curso 2024-2025. Benvid@s!!!

 Queridas familias,

Comezamos novo curso escolar e dende a Anpa queremos darvos a benvida, en especial, ás novas familias que xa forman parte desta comunidade.
Ao igual que todos os anos, poñémonos á disposición das familias e do equipo docente para calquera cousa que poidamos aportar.

A labor que facemos dende a Anpa é sen ánimo de lucro adicando gran parte do noso tempo libre persoal coa fin de promover a calidade educativa, defender os dereitos dos nosos fillos/as e ser parte activa nalgunhas iniciativas do centro pero para elo é fundamental contar co apoio de todas as familias do centro, por iso queremos recordarvos que podedes participar, traballar, gozar e enriquecer a vida no cole con calquera iniciativa que se propoña. Así mesmo, coa vosa aportación da cota anual (principal sustento da Anpa), axudades inmensamente a que calquera proxecto, que é para todas as familias, poida saír adiante.

A nosa xunta directiva está formada por:
Presidenta: Rebeca Lobera
Vicepresidenta: Vanesa Abreu
Secretaria: Lourdes Tomé
Tesourería: María Jesús Abal
Vogáis: Rosa Mª Castro, Fara Outeda, Belén Piñeiro

Nos vindeiros días enviaremos mais información referente ás actividades extraescolares deste ano e outras cousas de interese para as familias.

Benvid@s ao curso escolar 2024-2025