10/23/2024

CHARLAS TEATRALIZADAS, DEBATE E ROLLE PLAY

 CHARLAS TEATRALIZADAS PARA PRIMARIA


As charlas teatralizadas, que se realizarán en horario lectivo, serán moi dinámicas. Diferéncianse das habituais en que se utilizará o teatro e a música para tratar, neste caso, a prevención da violencia de xénero facendo asi a actividade máis amena e atractiva.

Dentro destas charlas incluiranse: 

 - Definición de conceptos (violencia, xénero, roles sexuais, estereotipos, discriminación...).

 - Anuncios publicitarios. Analizar e comentar anuncios diversos, productos anunciados na publicidade por homes e por mulleres, enumerar outros anuncios sexistas.

Cancións sobre malos tratos (Bebe «Malos» e Ela Baila Soa «Muller floreiro» por exemplo).Escoitar e analizar a letra impresa das cancións.

 - Violencia de xénero nos videoxogos. Mencionarán e explicarán diferentes videoxogos violentos que coñezan e analizarán diversas imaxes cunha lista de videoxogos considerados como moi agresivos e sexistas.

 - Protocolos de detección de violencia verbal e física.


Datas:

24 oct : 3º e 6º

25 oct: 4º e 5º

4 nov: 1º e 2º

                                ----------------------------------------------------------------


ROLLE PLAY, DEBATE E CREACIÓN DUN SKETCH


Exporanse distintas situacións de violencia verbal para que realicen un sketch con distintos

enfoques, eliminando esa situación de abuso verbal e aprendan a recoñecer as distintas formas de violencia.

Nestas sesións o alumnado participa activamente sendo o protagonista total, conducidos pola formador. A través do debate, o rolle play e a recreación de situacións reais conseguimos que se involucren e entendan, na práctica, os termos expostos para poder recoñecer situacións de violencia

verbal e física na vida diaria.


Datas:

13 de nov: 5º e 6º





CHARLA DE IGUALDADE PARA FAMILIAS

Seguindo coa ronda de actividades dirixidas ao alumnado e familias, mañá será a quenda para os pais e nais. 

Ás 17.00h haberá unha charla onde se tratarán temas tan importantes como a ciberseguridad, entre outras cuestións de igual relevancia como son a educación en igualdade ou a prevención da violencia de xénero como as que nomeamos a continuación:

- Violencia de xénero. Protocolos de detección e actuación. Violencia verbal e física. - Violencia de citas ("dating violence") Violencia de xénero na adolescencia ou as primeiras relacións sentimentais, comportamentos, interaccións, actitudes violentas de baixa intensidade que se normalizan. - Ciberseguridade


Recordamos que a actividade conta con SERVIZO DE COIDADOR/A para todas aquelas familias que precisen deixar ós seus fillos/as ao coidado dun adulto/a. 
A duración estimada será de 1 hora e media.






(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero") 

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Boas familias,

Fai uns días lanzábamos enquisa sobre a posibilidade de sumarnos ou non a unha manifestación a nivel Galicia en contra dos recortes en educación.

Esta movilización finalmente está convocada para este sábado día 26 e conta con servizo de bus para todas aquelas persoas que o desexen. Por suposto, tamen se pode ir por conta propia. Deixamos toda a información a continuación:



#manifestación//
A Plataforma galega en defensa do ensino público , fartas de recortes e de mentiras da Consellería de educación, convocamos a toda a cidadanía á manifestar o rexeitamento por esta política de desmantelamento do ensino.

📅 26 de outubro en Compostela.

⏰ Ás 12:00h na Alameda.

✍️ Formulario para ser usuaria do bus para ir a Santiago
https://www.cig-ensino.gal/autobuses.html

Aquí podedes atopar toda a información 👇

https://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/2024/10/a-plataforma-galega-en-defensa-do.html?m=1

Contamos con vos!!!

Se non podes acudir a Compostela espalla para que chegue a toda Galicia!

Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte Fanpa Compostela Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra Fapacel Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" FANPO Foanpas Vigo Anpas Redondela #Favalmi

10/21/2024

OBRADOIRO MULLER E CIENCIA

 "HÉROES E HEROÍNAS PARA A CIENCIA"

Mañá 22 de outubro, o alumnado de 3º participará nun obradoiro relacionado con mulleres cientificas elaborando diferentes experimentos onde se empregan materiais que foron inventados por mulleres, poñendo en valor grandes descubrimentos que no seu tempo eran pouco recoñecidos e valorados polo feito de ser mulleres.


(Unha actividade organizada pola federación de Anpas A Gameliña realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")





------------------------------------------ ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------------------


¿Sabías que o mundo da ciencia está chea de mulleres excepcionais que contribuiron en grandes descubrimentos pero permaneceron na sombra?
Hoxe no cole rompemos ese silencio por elas. O alumnado de 3º descubriu grandes mulleres científicas e aprendeu que a ciencia tampouco ten xénero.

Nas nosas redes sociais amosamos un anaquiño desta xornada tan experimental!!

Instagram: @anpafornobedo_coiro

(Unha actividade organizada pola federación de Anpas A Gameliña realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")

10/16/2024

OBRADOIRO 1º PRIMARIA "O BO TRATO - SEMENTES DE IGUALDADE"

 O venres 18 de outubro, o alumnado de 1° de educación primaria participará nun obradoiro sobre " O bo trato".

O centro @acaronpsicoloxia impartirá esta actividade onde, a través da metodoloxía LEGO SERIUS PLAY, explorarán temas fundamentais como o respeto, os roles de xénero e o bo trato.


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")





---------------- ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------


Hoxe todo o alumnado de 1º foi partícipe dun obradoiro sobre o bo trato
Con figuras e pezas Lego fixeron representacións de situacións de bo trato e posterior explicación da súa escena.
Os nenos e nenas aprenderon a identificar e crear boas accións de relación cos demais.

Nesta ocasión, en vez de centrarnos no que NON debemos facer, centrarnos no que SÍ podemos facer, nas boas accións cos demáis.
Pasamos do "non se pega", "non se empurra"... a "abrazámonos", "axudámonos", respetámonos", "coidámonos", perdoámonos"...Isto é o bo trato!!!

Nas nosas redes sociais vos amosamos un anaquiño de toda a experiencia.

Instagram: @anpafornobedo_coiro


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")



SUBVENCIÓN DE IGUALDADE 2024

 Este ano, grazas á convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade (pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero)  a Anpa recibeu unha subvención para realizar iniciativas dentro do marco da igualdade.

Nesta liña, durante os meses de outubro e novembro, estaremos realizando actividades formativas que serán impartidas no propio centro, tanto para o alumnado (en horario escolar) como para as familias (en horario extraescolar).

Estas son algunhas das acción que se levarán a cabo nos vindeiros meses:


PARA INFANTIL:

- Contacontos de corresponsabilidade no fogar + obradoiro práctico con elementos de madeira (3anos, 4 anos e 5 anos)

    Data prevista: 27 e 28 de novembro


- Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (5 anos)

     Data prevista: 



PARA PRIMARIA

- Charlas teatralizadas (para todos os cursos de primaria)

     Data prevista: 24, 25 de outubro e 4 de novembro


- Rolle play, debate e creación dun sketch (5º e 6º)

     Data prevista: 13 de novembro


- Obradoiro con pezas Lego sobre o bo trato (1º)

     Data prevista: 18 de outubro


-  Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (1º)

     Data prevista: 



PARA FAMILIAS

- Charla A violencia de xénero. Protocolos de deteción e de actuación. Violencia verbal e física. Dating violence (violencia de xénero na adolescencia)

    Data prevista: 24 de outubro


- Xincana familiar de corresponsabilidade no fogar, con elementos de madeira

      Data prevista: 20 e 28 de novembro


- Escape room da igualdade en familia

    Data prevista: 25 de novembro


10/10/2024

ASAMBLEA XERAL 1º TRIMESTRE

 Informamos a todas as familias asociadas que o día xoves 17 de outubro ás 17.15 h  será a primeria asamblea xeral coa seguinte orde do día:

1- Información académica por parte do Director.

2- Presentación da Xunta Directiva da Anpa.

3- A Anpa e as súas funcións

4- Estado de contas

5 - Actividades extraescolares

6- Memoria anual do pasado curso 2023-2024

7- Plan anual do presente curso 2024-2025

8- Rogos e preguntas


Primeira convocatoria: 17.15 h

Segunda convocatoria: 17.30 h

.