10/16/2024

SUBVENCIÓN DE IGUALDADE 2024

 Este ano, grazas á convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade (pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero)  a Anpa recibeu unha subvención para realizar iniciativas dentro do marco da igualdade.

Nesta liña, durante os meses de outubro e novembro, estaremos realizando actividades formativas que serán impartidas no propio centro, tanto para o alumnado (en horario escolar) como para as familias (en horario extraescolar).

Estas son algunhas das acción que se levarán a cabo nos vindeiros meses:


PARA INFANTIL:

- Contacontos de corresponsabilidade no fogar + obradoiro práctico con elementos de madeira (3anos, 4 anos e 5 anos)

    Data prevista: 27 e 28 de novembro


- Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (5 anos)

     Data prevista: 



PARA PRIMARIA

- Charlas teatralizadas (para todos os cursos de primaria)

     Data prevista: 24, 25 de outubro e 4 de novembro


- Rolle play, debate e creación dun sketch (5º e 6º)

     Data prevista: 13 de novembro


- Obradoiro con pezas Lego sobre o bo trato (1º)

     Data prevista: 18 de outubro


-  Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (1º)

     Data prevista: 



PARA FAMILIAS

- Charla A violencia de xénero. Protocolos de deteción e de actuación. Violencia verbal e física. Dating violence (violencia de xénero na adolescencia)

    Data prevista: 24 de outubro


- Xincana familiar de corresponsabilidade no fogar, con elementos de madeira

      Data prevista: 20 e 28 de novembro


- Escape room da igualdade en familia

    Data prevista: 25 de novembro