10/16/2024

OBRADOIRO 1º PRIMARIA "O BO TRATO - SEMENTES DE IGUALDADE"

 O venres 18 de outubro, o alumnado de 1° de educación primaria participará nun obradoiro sobre " O bo trato".

O centro @acaronpsicoloxia impartirá esta actividade onde, a través da metodoloxía LEGO SERIUS PLAY, explorarán temas fundamentais como o respeto, os roles de xénero e o bo trato.


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")





---------------- ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------


Hoxe todo o alumnado de 1º foi partícipe dun obradoiro sobre o bo trato
Con figuras e pezas Lego fixeron representacións de situacións de bo trato e posterior explicación da súa escena.
Os nenos e nenas aprenderon a identificar e crear boas accións de relación cos demais.

Nesta ocasión, en vez de centrarnos no que NON debemos facer, centrarnos no que SÍ podemos facer, nas boas accións cos demáis.
Pasamos do "non se pega", "non se empurra"... a "abrazámonos", "axudámonos", respetámonos", "coidámonos", perdoámonos"...Isto é o bo trato!!!

Nas nosas redes sociais vos amosamos un anaquiño de toda a experiencia.

Instagram: @anpafornobedo_coiro


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")