10/21/2024

OBRADOIRO MULLER E CIENCIA

 "HÉROES E HEROÍNAS PARA A CIENCIA"

Mañá 22 de outubro, o alumnado de 3º participará nun obradoiro relacionado con mulleres cientificas elaborando diferentes experimentos onde se empregan materiais que foron inventados por mulleres, poñendo en valor grandes descubrimentos que no seu tempo eran pouco recoñecidos e valorados polo feito de ser mulleres.

(Unha actividade organizada pola federación de Anpas A Gameliña realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")

------------------------------------------ ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------------------

¿Sabías que o mundo da ciencia está chea de mulleres excepcionais que contribuiron en grandes descubrimentos pero permaneceron na sombra?
Hoxe no cole rompemos ese silencio por elas. O alumnado de 3º descubriu grandes mulleres científicas e aprendeu que a ciencia tampouco ten xénero.

Nas nosas redes sociais amosamos un anaquiño desta xornada tan experimental!!

Instagram: @anpafornobedo_coiro