10 ª GALA DO DEPORTE DE CANGAS



21/11/13

O Concello de Cangas, a través da Fundación Cangas Deporte, convoca a “GALA DO DEPORTE DE CANGAS” que terá lugar o vindeiro día 27 de decembro do 2013, no Auditorio Municipal a partires dás 20.00 h, e que se desenvolverá coas seguintes bases:

1. A Gala do Deporte de Cangas ten como obxectivo primordial premiar a labor e o traballo dos mellores deportistas, homes e mulleres, en función dos seus éxitos deportivos no ano 2013 ou tempada 2012/13.

2. Para poder ser nomeado a un dos premios desta gala por modalidade deportiva, os deportistas deberán estar empadroados ou nados no Concello de Cangas e estar federados no seu deporte, inda que non compitan nun club de Cangas.

3. Os interesados deberán nomear a tres deportistas para a súa modalidade deportiva. Asómesmo poderán realiza-las ditos nomeamentos calquera persoa ou entidade, cumprindo o recollido no apartado 2 destas bases.

4. Os nomeamentos, por medio da folla oficial que se achega nesta convocatoria, deberán presentarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sita na Rúa Real, 29 ou ben a través do correo electrónico: fundacion@cangasdeporte.com

5. Na folla de nomeamento, deberán destacarse os éxitos deportivos acadados polos nomeados durante o ano 2013 ou tempada 2012/13, así como tódolos datos persoais solicitados e fotos dos electos. Posteriormente o xurado valorará os nomeamentos e determinará os premiados.

6. O prazo para a presentación dos nomeamentos rematará ás 14.00 horas, do venres día 29 de novembro do 2013.

7. Entre tódolos nomeamentos presentados para cada modalidade, o xurado determinará os gañadores en cada unha delas.

8. De entre tódolos/as deportistas electos, a organización a través do seu xurado, elixirá ós gañadores para os premios o mellor deportista masculino e feminino da tempada, que serán galardoados cun trofeo e unha bolsa de 250,00 € en material deportivo.

9. Asúmesmo o xurado galardoará tamén cun trofeo e un bolsa de 150,00 € en material deportivo as mellores promesas masculina e feminina.

10. No respecto os dous puntos anteriores o premio poderá repartirse a mais dun deportista por coincidencia de méritos, ampliándose o importe das bolsas e no caso de que os/as candidatos/as propostos polos clubs, non reuniran os requisitos necesarios, a xuízo do xurado, este poderá elixir a aquel deportista que considere que ten mellores méritos para acceder ó nomeamento.
Design Downloaded from free blogger layouts | free flash templates | vectors art download | Free Icons Download.