Trátase dunha xincana familiar de corresponsabilidade composta por 10 postas de xogo ou probas nas que todos os membros da familia terán que colaborar en común.
Debemos romper cos roles clásicos que nos veñen asignados polo feito de ser homes ou mulleres e colaborar nas tarefas do fogar tanto adultos como nenos e nenas.
Así que, partindo desta base, todos os membros da familia teremos que lavar, tender, barrer, facer montaxes con ferramentas, conducir, maquillarnos e moitas outras tarefas da realidade do día a día..
Agárdanos unha tarde moi divertida e con grandes aprendizaxes.
Os nenos e nenas que participen terán que vir acompañados, alomenos, dun adulto da familia.
É un obradoiro con límite de prazas polo que manteremos a orde que chegada das inscricións para adxudicar a asistencia á actividade.
Dará comezo ás 17.00-17.15h aprox (unha vez rematen as actividades extraescolares e posterior preparación do obradoiro) e terá unha duración aproximada de 1h30 min.
Agardámosvos!!!
(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero")