- CONTACONTOS "QUE LLEGA EL LOBO" EN LINGUAXE DE SIGNOS
- CHARLAS MULLER E DISCAPACIDADE
Enténdese por igualdade a ausencia de discriminación, directa ou indirecta, e no ámbito das persoas con discapacidade, a adopción de medidas orientadas a evitar ou compensar as desvantaxes para participar plenamente na vida económica, cultural e social.
Por este motivo, fai uns días a Asociación Juan XXIII estivo no centro impartindo charlas e obradoiros para o alumnado.
Os rapaces e rapazas de 5 anos disfrutaron dun contacontos "Que llega el lobo" e xogos en linguaxe de signos. Aprenderon a signar todos os animais protagonistas do libro e mesmo foron capaces de comunicarse cunha das persoas poñentes nesta linguaxe.Ao mesmo tempo, todo o alumnado de 6° de primaria, mantiveron unha enriquecedora conversa con varias mulleres discapacitadas que pola sua condición tiveron que loitar para facerse valer e ser vistas. Unha dobre dificultade na sociedade de hoxe en día e de fai uns anos.
Dar grazas a todos e todas as usuarias da asociación por esta xornada e polas propostas inesperadas que xurdiron entre as poñentes e a propia rapazada.
Sen subida quedaron con gañas de mais!!!!
Sen subida quedaron con gañas de mais!!!!