" UN PAPÁ CON DELANTAL"
A través do conto "Un papá con delantal" pretendemos que dende ven cativos sexan conscientes dos estereotipos ós que estamos sometidos e ós roles de xénero que se atribúen no seno dun fogar.
Este conto invita a cuestionarnos porqué as mulleres temos que desempeñar as tarefas do fogar polo simple feito de ser mulleres ou nenas mentres que os homes e os nenos non contribuen á súa realización sendo parte activa.´
O libro preséntanos a Amador, un "amo de casa" contratado pola mamá da familia para colaborar nos quefaceres do día a día. ¿Aprenderán os resto dos membros da casa a ser corresponsables coa chegada de Amador?
Posteriormente levaremos este conto á practica facendo un taller vivencial a través do xogo simbólico onde, tanto rapaces como rapazas, colaborarán desempeñando tarefas do fogar. Facer a comida, facer arranxos, poñer a mesa, coidar bebés... entre outras cousas.
Toda a cativada, a través dos elementos de madeira adquiridos coa Subvención de Igualdade para Anpas, aprenderá que todos e todas podemos participar nas labores dunha casa independientemente do noso xénero.
(Actividade realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais de alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero)
Mostra da actividade realizada:
Actividade feita en horario lectivo os días 27 e 28 de novembro.