O pasado 27 de abril celebramos no noso centro un deses eventos que xa forman parte da vida do cole: o noso cross escolar. Foi unha xornada chea de deporte, compañeirismo e moitas ganas de pasalo ben, na que o alumnado deu o mellor de si, desde os máis cativos ata os mais maiores.
O ambiente non puido ser mellor: familias animando, profesorado implicado e nenos e nenas gozando do deporte ao aire libre, demostrando que correr xuntos sempre é máis divertido. Máis alá da competición, o obxectivo principal era fomentar hábitos saudables, o esforzo persoal e, sobre todo, a convivencia.
Queremos destacar tamén a colaboración e o apoio recibido, que foron fundamentais para que o cross saíse adiante. En especial, queremos agradecer aos comercios e establecementos da zona polas súas doazóns, á empresa Hidronav Marine pola elaboración e financiación dos dorsáis e á Deputación de Pontevedra pola subvención destinada á sufragar o custe das medallas, permitindo que todas e todos os participantes levasen un pequeno recordo do esforzo realizado.
Dende a ANPA queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron dun xeito ou doutro: organización, voluntariado, familias e entidades colaboradoras. Sen este apoio, actividades como esta non serían posibles.
Seguimos traballando para que os nosos nenos e nenas poidan gozar de experiencias educativas, deportivas e divertidas coma esta! 💙






.jpeg)
