2/23/2026

MANIFESTACIÓN 25 FEBREIRO

POLO FUTURO DOS NOSOS FILLOS E FILLAS: PRECISAMOS DE VOS!!

Queridas familias,

Este mércores a comunidad educativa da nosa zona, e de moitas outras, concentrarase para defender algo que nos une a todas e todos: UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA DE CALIDADE para os nosos fillos e fillas.

Dende a ANPA queremos convidarvos a participar nesta manifestación que ten como obxetivo reivindicar melloras reais nos nosos colexios públicos. Esas melloras que os nosos centros precisan con urxencia. Falamos de máis profesorado, máis especialistas, menos ratio, mellores instalacións e recursos suficientes para garantir unha educación inclusiva e de calidade. A falta de persoal de apoio e as carencias estruturais non son cuestións alleas: repercuten cada día na atención educativa, emocional e social que recibe o noso alumnado, inclusive a sobrecarga do profesorado que afecta directamente na atención, no acompañamento e na calidade educativa que recibe os nosos nenos e nenas.


Pensade que, a educación pública non é só un servizo senon que é o espazo onde os nosos fillos e fillas medran, aprenden e se constrúen como persoas. É o lugar onde deberían sentirse acompañados, escoitados e atendidos segundo as súas necesidades. Sen embargo a realidade que viven moitos centros está marcada pola falta de recursos, ratios elevadas e profesorado esgotado que, malia o seu compromiso, non pode chegar a todo.


Este mércores temos a oportunidade de demostrar que as familias estamos presentes, que nos importa o que sucede nas aulas e que defendemos unha escola pública digna, inclusiva e ben dotada de medios humanos e materiais.

Non podemos resignarnos nin permanecer en silencio cando sabemos que se pode e se debe facer mellor. Cantas máis familias participemos, máis forza terá a nosa voz. Animámosvos a asistir, a implicarvos e a demostrar que estamos unidos e unidas na defensa dos dereitos das nosas crianzas.


Alumnado, profesorado, familias, persoal non docente. A COMUNIDADE EDUCATIVA UNIDA!

Os nosos fillos e fillas merecen máis.

Contamos convosco.

Un saúdo cordial,

Xunta Directiva do ANPA





2/11/2026

ENTROIDO DE COIRO - ENTROIDO DO LOUREIRO

 O sábado 14 de febreiro de 2026 volve o Entroido de Coiro, preparado para encher a parroquia de música, risas e moita troula 🎭🎶

Como cada ano, sairemos a percorrer os barrios coa Procesión do Loureiro, ata chegar ao local da Retirosa, onde nos agarda unha boa festa con música e ambiente de Entroido 🍩🍷

🎭 Concurso de disfraces

Este ano, tanto infantís como adultos, e tanto individuais como grupais. Vai pensando ben o teu look, porque o xurado estará atento durante todo o percorrido!

📍 Se queres optar a premio, lembra saír dende o cruce da Retirosa coa Rosada.

🍔 Novidade deste ano!

A cantina terá custo simbólico: Pack bocadillo + bebida por só 2 €

Para coller forzas e seguir coa festa 💪😄

🌳 Recordatorio: durante o percorrido, respecta o entorno e coida a parroquia. Queremos diversión… pero tamén natureza limpa!

🎊 Non quedes na casa, saca o teu mellor disfrace e vén pasalo en grande con nós!

🔥 VIVA O ENTROIDO DE COIRO! 🔥

📢 Organiza: Asociación de Montes de Coiro e ACF Tromentelo

🤝 Colaboran: Concello de Cangas do Morrazo , Anpa Fornobedo , e Asociación de Mulleres Rurais de Coiro




Charla: "DURMIR PARA APRENDER". CÓMO INFLÚE O SONO NA APRENDIZAXE E NA MEMORIA.

 Bo día familias o próximo XOVES 12 DE FEBREIRO teremos novamente unha charla para familias: "DURMIR PARA APRENDER". CÓMO INFLÚE O SONO NA APRENDIZAXE E NA MEMORIA. 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a ANPA, en colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, organizaran esta conferencia impartida por Ana Campos, investigadora en neurociencia, quen compartirá coñecementos e pautas baseadas na evidencia científica. 

Animámosvos a participar neste encontro tan especial. 

Aquí deixamos a ligazón para poder inscribirse:

https://forms.gle/6B4HGMq3H71FUeBG6




2/02/2026

OBRADOIRO DE ENTROIDO NO COLE

 Dende a ANPA queremos ofrecer a todas as familias una opción divertida, educativa e conciliadora para estes días de parón no cole. Este obradoiro de entroido é unha proposta para facilitar a organización traballo-familia na que os nenos e nenas disfrutarán de actividades creativas, xogos e talleres temáticos.

(Requírese dun mínimo de 15 inscritos para facer esta actividade)

A continuación deixamos os horarios e prezos:

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN SERÁ O LUNS 9 DE FEBREIRO


INSCRICIÓNS ENTROIDO EN CASTRILLÓN




1/23/2026

CHARLA: AS TICs E OS SEUS RISCOS (XOVES 29)

 CHARLA: AS TICs E OS SEUS RISCOS

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas. Ademais das destinadas tanto ao alumnado como ao profesorado agora amplíanse ás familias polo que a ANPA solicitou ditas charlas para desenvolver no noso centro.

Son charlas de carácter GRATUITO, impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policia Nacional e Garda Civil segundo as súas respectivas demarcacións. No noso caso probablemente Garda Civil) onde abordarán cuestións como:

Uso responsable de internet (idade, uso-abuso-adicción).

Ciberacoso, grooming, sexting e cómo actuar.

Contidos inapropiados.

Videoxogos e redes sociais.

Recomendacións, ferramentas e acompañamento familiar.



Trátase dunha charla formativa que complementa o que estes axentes expertos enseñan a os nosos fillos e fillas na súa respectiva charla en aula. Nunha enquisa que se levou a cabo, o alumnado reflexaba que lle gustaría que os seus pais e nais recibiran tamén esa formación.


É un tema de responsabilidade, para a protección dos nosos fillos/as e saber manternos en alerta co avance das tecnoloxías.


Para garantir que un mínimo de persoas vai asistir precisamos que cubrades o seguinte formulario. O servizo de canguraxe dependerá se conseguimos facer grupo ou non:


https://forms.gle/fARESzrVC8WhYeUg7


Grazas e vémonos o xoves!!!