6/04/2014

XUVENTUDE PRESENTA A CAMPAÑA DE CAMPAMETOS E LUDETAS DE VERÁN


Como novidade este ano os rapaces e rapazas realizaran actividades náuticas. O prazo para inscribirse comeza o próximo luns 2 de xuño. O prezo é de 45 euros.
Ademais o programa recolle a celebración dun campamento de doce días nunhas instalacións xuvenís da Xunta de Galicia no mes de agosto. Segundo explicaron os técnicos está solicitado o Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son aínda que non está pechado. O prezo de inscrición é 130 euros. O prazo de inscrición comezará nos próximos días.

PINCHADE na imaxe

CINANIA ORGANIZA O XI TROFEO COPA TENIS DE MESA



O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves ás 22.00 horas. A inscrición é gratuíta.

Cangas, 02/06/2014
O Club Cinania de Tenis de Mesa organiza para o vindeiro sábado 7 de xuño o XI Trofeo Copa de Tenis de Mesa que terá lugar no Pavillón Municipal de Romarigo a partir das 16.00 horas. No evento, que é de ámbito autonómico, participarán ao redor de medio centenar de deportistas repartidos en dúas: menos de 12 anos e maiores de 12 anos. Ás 21.00 horas poñerase punto e final a esta edición coa entrega de premios para os tres primeiros en cada categoría. Dende a entidade deportiva sinalan que o obxectivo de organizar este tipo de probas deportivas é a promoción e difusión do tenis de mesa no municipio

O CEIP SAN ROQUE ACOLLE O DOMINGO O SEU “X CROSS ESCOLAR”


Cangas, 03/06/2014
A ANPA do Ceip San Roque organiza o “X Cross Escolar” que se celebrará este domingo día 8 de xuño e no que participarán alumnos e alumnas do propio centro escolar así coma dos demais colexios do municipio. Haberá tamén unha proba especial de 380 metros para os pais e nais que se animen a unirse a este evento deportivo.
As probas comezarán ás 10.00 horas e está previsto que se prolonguen ata ás 13:30 cando se celebrará a entrega de premios. Realizaranse diferentes carreiras nos arredores do colexio en función das categorías dos nenos e nenas (Pitufo, Mini Benxamín, Benxamín, Alevín e Popular) con distancias acordes a cada unha.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores día 4 de xuño aínda que o mesmo día do evento tamén se poderán facer anotacións de última hora.
Polo mero feito de participar neste X Cross Escolar todos os deportistas recibirán un agasallo.