11/28/2024

Contacontos + Obradoiro práctico para alumnado de infantil

 " UN PAPÁ CON DELANTAL"



A través do conto "Un papá con delantal" pretendemos que dende ven cativos sexan conscientes dos estereotipos ós que estamos sometidos e ós roles de xénero que se atribúen no seno dun fogar.

Este conto invita a cuestionarnos porqué as mulleres temos que desempeñar as tarefas do fogar polo simple feito de ser mulleres ou nenas mentres que os homes e os nenos non contribuen á súa realización sendo parte activa.´

O libro preséntanos a Amador, un "amo de casa" contratado pola mamá da familia para colaborar nos quefaceres do día a día. ¿Aprenderán os resto dos membros da casa a ser corresponsables coa chegada de Amador?

Posteriormente levaremos este conto á practica facendo un taller vivencial a través do xogo simbólico onde, tanto rapaces como rapazas, colaborarán desempeñando tarefas do fogar. Facer a comida, facer arranxos, poñer a mesa, coidar bebés... entre outras cousas.

Toda a cativada,  a través dos elementos de madeira adquiridos coa Subvención de Igualdade para Anpas, aprenderá que todos e todas podemos participar nas labores dunha casa independientemente do noso xénero.


(Actividade realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais de alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero)


Mostra da actividade realizada:

Actividade feita en horario lectivo os días 27 e 28 de novembro.



















11/22/2024

ESCAPE ROOM DA IGUALDADE

O luns 25 ás 17.00h terá lugar no salón de actos do centro un escape room da igualdade.



Unha actividade para toda a familia coa finalidade de fomentar habilidades encamiñadas a colaborar, tolerar e respetar. Contará con diferentes probas de coñecemento da igualdade de xénero, de corresponsabilidade e de prevención da violencia de xénero. Os participantes tentaran fuxir da sala onde se centra o xogo, atopando chaves, números, enigmas... Non poderán saír ata resolver a incognita, e todo en menos dunha hora.


Os nenos e nenas que participen terán que vir acompañados, alomenos, dun adulto da familia.
É un obradoiro con límite de prazas polo que manteremos a orde que chegada das inscricións para adxudicar a asistencia á actividade.

Dará comezo ás 17.00 aprox (unha vez rematen as actividades extraescolares e posterior preparación do obradoiro), terá unha duración aproximada de 1h30  e levarase a cabo no salón de actos do colexio.

Agardámosvos!!!



(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero")

11/18/2024

1º Xincana familiar de corresponsabilidade (Día 20 nov)


 Trátase dunha xincana familiar de corresponsabilidade composta por 10 postas de xogo ou probas nas que todos os membros da familia terán que colaborar en común. 

Debemos romper cos roles clásicos que nos veñen asignados polo feito de ser homes ou mulleres e colaborar nas tarefas do fogar tanto adultos como nenos e nenas.
Así que, partindo desta base, todos os membros da familia teremos que lavar, tender, barrer, facer montaxes con ferramentas, conducir, maquillarnos e moitas outras tarefas da realidade do día a día..
Agárdanos unha tarde moi divertida e con grandes aprendizaxes.

Os nenos e nenas que participen terán que vir acompañados, alomenos, dun adulto da familia.
É un obradoiro con límite de prazas polo que manteremos a orde que chegada das inscricións para adxudicar a asistencia á actividade.

Dará comezo ás 17.00-17.15h aprox (unha vez rematen as actividades extraescolares e posterior preparación do obradoiro) e terá unha duración aproximada de 1h30 min.

Agardámosvos!!!





(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero")


11/15/2024

Xincanas de corresponsabilidade e escape room da igualdade

 Bo día familias,

Como xa anunciamos en anteriores mensaxes e través das nosas redes sociais, dende a Anpa estamos levando a cabo unha serie de actividades para o alumnado e familias relacionados coa igualdade en tódolos ámbitos.

Agora tócanos a quenda ás familias.

Temos programadas 2 xincanas familiares e 1 escape room dos que deixamos as datas a continuación para que vaiades reservando as tardes 😉😉






- Mércores día 20: 1ª xincana familiar corresponsabilidade

- Luns día 25: Escape room familiar
- Xoves día 28: 2ª xincana familiar de corresponsabilidade

Todas serán ás 17.00h e a duración aproximada de cada actividade será de 1h30min.


Polo de agora, so vamos a compartir o formulario de inscipción da primeira actividade. Nos próximos días achegaremos as seguintes.


https://forms.gle/cQgvm8jWZbypUPpZ6




(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero")




11/14/2024

Obradoiro e charla en colaboración coa Asociación Juan XXIII

- CONTACONTOS "QUE LLEGA EL LOBO" EN LINGUAXE DE SIGNOS

- CHARLAS MULLER E DISCAPACIDADE


Enténdese por igualdade a ausencia de discriminación, directa ou indirecta, e no ámbito das persoas con discapacidade, a adopción de medidas orientadas a evitar ou compensar as desvantaxes para participar plenamente na vida económica, cultural e social.


Por este motivo, fai uns días a Asociación Juan XXIII estivo no centro impartindo charlas e obradoiros para o alumnado.

Os rapaces e rapazas de 5 anos disfrutaron dun contacontos "Que llega el lobo" e xogos en linguaxe de signos. Aprenderon a signar todos os animais protagonistas do libro e mesmo foron capaces de comunicarse cunha das persoas poñentes nesta linguaxe.








Ao mesmo tempo, todo o alumnado de 6° de primaria, mantiveron unha enriquecedora conversa con varias mulleres discapacitadas que pola sua condición tiveron que loitar para facerse valer e ser vistas. Unha dobre dificultade na sociedade de hoxe en día e de fai uns anos.

Dar grazas a todos e todas as usuarias da asociación por esta xornada e polas propostas inesperadas que xurdiron entre as poñentes e a propia rapazada.

Sen subida quedaron con gañas de mais!!!!






A finalidade non é outra que a de fomentar a igualdade de oportunidades das mulleres con discapacidade, poñendo en marcha iniciativas e concienciando en desenvolver accións que garantan o respeto ós dereitos tendo en conta as propias necesidades.




11/09/2024

Renovación parcial do Consello Escolar

 

Ola familias!
Tal como xa informaron a través de abalar, neste mes será o proceso de renovación do Consello Escolar do Centro e queremos animar a nais e pais a participar na presentación de candidaturas así como á posterior votación das mesmas.

A educación é unha tarefa compartida entre familias e centro educativo e así debe seguir sendo. É imprescindible a nosa participación neste proceso para non perder a representación das familias no Consello Escolar, que recordamos que é o máximo órgano de goberno dun centro e a posibilidade de ter voz e voto nas decisións que alí se tomen e que concernen aos nosos fillos/as.

Somos actualmente 4 representantes dos 5 posibles e de non presentarse ninguén neste ano seguiremos perdendo portavoces. Precisamos un mínimo de dúas persoas candidatas pero o ideal e que saísen mais persoas postulantes para cubrir posibles sustitucións ou baixas. Non teremos outra oportunidade de reemplazo ata 2026.

Non é requisito imprescindible formar parte da Anpa. Pode presentarse calquera nai, pai, titor ou titora.

É moi sinxelo e por norma xeral soe celebrarse unha reunión cada trimestre

Se tedes calquera dúbida ao respecto ou queredes saber mais sobre o funcionamento do Consello Escolar ou como sería a vosa representación neste, podedes poñervos en contacto coa Anpa que vos explicará con mais detalle.

Prazo de presentacións de candidaturas: ata o venres 8 de novembro
So tedes que cubrir o impreso que vos entregarán en secretaría.
Día disposto para as votacións: martes 19 de novembro, de 16.30 ha 19.00h, na sala do profesorado.

Grazas de anteman e anímadevos a participar!!

Contades co noso apoio!!

10/23/2024

CHARLAS TEATRALIZADAS, DEBATE E ROLLE PLAY

 CHARLAS TEATRALIZADAS PARA PRIMARIA


As charlas teatralizadas, que se realizarán en horario lectivo, serán moi dinámicas. Diferéncianse das habituais en que se utilizará o teatro e a música para tratar, neste caso, a prevención da violencia de xénero facendo asi a actividade máis amena e atractiva.

Dentro destas charlas incluiranse: 

 - Definición de conceptos (violencia, xénero, roles sexuais, estereotipos, discriminación...).

 - Anuncios publicitarios. Analizar e comentar anuncios diversos, productos anunciados na publicidade por homes e por mulleres, enumerar outros anuncios sexistas.

Cancións sobre malos tratos (Bebe «Malos» e Ela Baila Soa «Muller floreiro» por exemplo).Escoitar e analizar a letra impresa das cancións.

 - Violencia de xénero nos videoxogos. Mencionarán e explicarán diferentes videoxogos violentos que coñezan e analizarán diversas imaxes cunha lista de videoxogos considerados como moi agresivos e sexistas.

 - Protocolos de detección de violencia verbal e física.


Datas:

24 oct : 3º e 6º

25 oct: 4º e 5º

4 nov: 1º e 2º

                                ----------------------------------------------------------------


ROLLE PLAY, DEBATE E CREACIÓN DUN SKETCH


Exporanse distintas situacións de violencia verbal para que realicen un sketch con distintos

enfoques, eliminando esa situación de abuso verbal e aprendan a recoñecer as distintas formas de violencia.

Nestas sesións o alumnado participa activamente sendo o protagonista total, conducidos pola formador. A través do debate, o rolle play e a recreación de situacións reais conseguimos que se involucren e entendan, na práctica, os termos expostos para poder recoñecer situacións de violencia

verbal e física na vida diaria.


Datas:

13 de nov: 5º e 6º





CHARLA DE IGUALDADE PARA FAMILIAS

Seguindo coa ronda de actividades dirixidas ao alumnado e familias, mañá será a quenda para os pais e nais. 

Ás 17.00h haberá unha charla onde se tratarán temas tan importantes como a ciberseguridad, entre outras cuestións de igual relevancia como son a educación en igualdade ou a prevención da violencia de xénero como as que nomeamos a continuación:

- Violencia de xénero. Protocolos de detección e actuación. Violencia verbal e física. - Violencia de citas ("dating violence") Violencia de xénero na adolescencia ou as primeiras relacións sentimentais, comportamentos, interaccións, actitudes violentas de baixa intensidade que se normalizan. - Ciberseguridade


Recordamos que a actividade conta con SERVIZO DE COIDADOR/A para todas aquelas familias que precisen deixar ós seus fillos/as ao coidado dun adulto/a. 
A duración estimada será de 1 hora e media.






(Actividade realizada ao abeiro das "axudas dirixidas ás Ampas para a promoción da igualdad e a prevención da violencia de xénero") 

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Boas familias,

Fai uns días lanzábamos enquisa sobre a posibilidade de sumarnos ou non a unha manifestación a nivel Galicia en contra dos recortes en educación.

Esta movilización finalmente está convocada para este sábado día 26 e conta con servizo de bus para todas aquelas persoas que o desexen. Por suposto, tamen se pode ir por conta propia. Deixamos toda a información a continuación:



#manifestación//
A Plataforma galega en defensa do ensino público , fartas de recortes e de mentiras da Consellería de educación, convocamos a toda a cidadanía á manifestar o rexeitamento por esta política de desmantelamento do ensino.

📅 26 de outubro en Compostela.

⏰ Ás 12:00h na Alameda.

✍️ Formulario para ser usuaria do bus para ir a Santiago
https://www.cig-ensino.gal/autobuses.html

Aquí podedes atopar toda a información 👇

https://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com/2024/10/a-plataforma-galega-en-defensa-do.html?m=1

Contamos con vos!!!

Se non podes acudir a Compostela espalla para que chegue a toda Galicia!

Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte Fanpa Compostela Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra Fapacel Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" FANPO Foanpas Vigo Anpas Redondela #Favalmi

10/21/2024

OBRADOIRO MULLER E CIENCIA

 "HÉROES E HEROÍNAS PARA A CIENCIA"

Mañá 22 de outubro, o alumnado de 3º participará nun obradoiro relacionado con mulleres cientificas elaborando diferentes experimentos onde se empregan materiais que foron inventados por mulleres, poñendo en valor grandes descubrimentos que no seu tempo eran pouco recoñecidos e valorados polo feito de ser mulleres.


(Unha actividade organizada pola federación de Anpas A Gameliña realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")





------------------------------------------ ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------------------


¿Sabías que o mundo da ciencia está chea de mulleres excepcionais que contribuiron en grandes descubrimentos pero permaneceron na sombra?
Hoxe no cole rompemos ese silencio por elas. O alumnado de 3º descubriu grandes mulleres científicas e aprendeu que a ciencia tampouco ten xénero.

Nas nosas redes sociais amosamos un anaquiño desta xornada tan experimental!!

Instagram: @anpafornobedo_coiro

(Unha actividade organizada pola federación de Anpas A Gameliña realizada ao aveiro das "Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")

10/16/2024

OBRADOIRO 1º PRIMARIA "O BO TRATO - SEMENTES DE IGUALDADE"

 O venres 18 de outubro, o alumnado de 1° de educación primaria participará nun obradoiro sobre " O bo trato".

O centro @acaronpsicoloxia impartirá esta actividade onde, a través da metodoloxía LEGO SERIUS PLAY, explorarán temas fundamentais como o respeto, os roles de xénero e o bo trato.


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")





---------------- ACTUALIZAMOS ENTRADA ------------------------


Hoxe todo o alumnado de 1º foi partícipe dun obradoiro sobre o bo trato
Con figuras e pezas Lego fixeron representacións de situacións de bo trato e posterior explicación da súa escena.
Os nenos e nenas aprenderon a identificar e crear boas accións de relación cos demais.

Nesta ocasión, en vez de centrarnos no que NON debemos facer, centrarnos no que SÍ podemos facer, nas boas accións cos demáis.
Pasamos do "non se pega", "non se empurra"... a "abrazámonos", "axudámonos", respetámonos", "coidámonos", perdoámonos"...Isto é o bo trato!!!

Nas nosas redes sociais vos amosamos un anaquiño de toda a experiencia.

Instagram: @anpafornobedo_coiro


(Actividade organizada pola Anpa ao abeiro das "Axudas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero")



SUBVENCIÓN DE IGUALDADE 2024

 Este ano, grazas á convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade (pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero)  a Anpa recibeu unha subvención para realizar iniciativas dentro do marco da igualdade.

Nesta liña, durante os meses de outubro e novembro, estaremos realizando actividades formativas que serán impartidas no propio centro, tanto para o alumnado (en horario escolar) como para as familias (en horario extraescolar).

Estas son algunhas das acción que se levarán a cabo nos vindeiros meses:


PARA INFANTIL:

- Contacontos de corresponsabilidade no fogar + obradoiro práctico con elementos de madeira (3anos, 4 anos e 5 anos)

    Data prevista: 27 e 28 de novembro


- Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (5 anos)

     Data prevista: 



PARA PRIMARIA

- Charlas teatralizadas (para todos os cursos de primaria)

     Data prevista: 24, 25 de outubro e 4 de novembro


- Rolle play, debate e creación dun sketch (5º e 6º)

     Data prevista: 13 de novembro


- Obradoiro con pezas Lego sobre o bo trato (1º)

     Data prevista: 18 de outubro


-  Charla sobre sexualidade (adaptada ás súas idades) onde aprender a nomear todas as partes do corpo. (1º)

     Data prevista: 



PARA FAMILIAS

- Charla A violencia de xénero. Protocolos de deteción e de actuación. Violencia verbal e física. Dating violence (violencia de xénero na adolescencia)

    Data prevista: 24 de outubro


- Xincana familiar de corresponsabilidade no fogar, con elementos de madeira

      Data prevista: 20 e 28 de novembro


- Escape room da igualdade en familia

    Data prevista: 25 de novembro


10/10/2024

ASAMBLEA XERAL 1º TRIMESTRE

 Informamos a todas as familias asociadas que o día xoves 17 de outubro ás 17.15 h  será a primeria asamblea xeral coa seguinte orde do día:

1- Información académica por parte do Director.

2- Presentación da Xunta Directiva da Anpa.

3- A Anpa e as súas funcións

4- Estado de contas

5 - Actividades extraescolares

6- Memoria anual do pasado curso 2023-2024

7- Plan anual do presente curso 2024-2025

8- Rogos e preguntas


Primeira convocatoria: 17.15 h

Segunda convocatoria: 17.30 h

.

9/19/2024

Enquisa sobre a xornada partida ou continua nos centros de ensino

 (GALEGO)

Boas familias, queremos compartirvos o resultado da enquisa que vos fixemos en relación co tipo de xornada preferida. Estes son os datos que compartiremos de cara á prensa xunto con outras respostas que profundizaban mais na opinión personal (sempre de forma anónima). Agradecervos tamén a alta participación e o tempo empregado en matizar a resposta elixida.
Este resultado fainos ver que a inmensa maioría das familias deste centro aposta por unha conciliación real e defende o dereito que teñen os nosos fillos/as ao tempo de xogo libre e descanso.
Grazas e a seguir remando xuntos nesta dirección!!

--------------------------------------------------------------------
(CASTELLANO)
Buenas familias, queremos compartiros el resultado de la encuesta que os hicimos en relación con el tipo de jornada preferida. Estos son los datos que compartiremos de cara a la prensa junto con otras respuestas que profundizaban más en la opinión personal (siempre de forma anónima). Agradeceros también la alta participación y el tiempo empleado en matizar la respuesta escogida.
Este resultado nos hace ver que la inmensa mayoría de las familias de este centro apuesta por una conciliación real y defiende el derecho que tienen nuestros hijos/as al tiempo de juego libre y descanso.
Gracias y a seguir remando juntos en esta dirección!!






👇👇👇👇COMENTARIOS APORTADOS👇👇👇👇
Con xornada partida, a conciliación e imposible
Sería absurdo andar co neno para diante e para atrás ou deixalo no comedor obrigatorio. Non existe conciliación de ningunha das maneiras.
Hai estudios dabondo que demostran os efectos negativos da xornada partida nos traballadores, sobre todo se a pausa entre a mañá e a tarde é innecesariamente longa (é dicir, superior o tempo razoable para comer de "estirar as pernas"). Non creo que os seus efectos vaian ser mellores para os nenos. Os nenos non son consumibles que podamos usar como queremos ou cando queremos, son seres humanos, e que fagamos con eles agora vainos vir de volta no futuro.
Ya es misión imposible conciliar vida familiar y laboral no quiero imaginarme lo que supondría una jornada partida
Jornada continua=conciliación familiar 🫶🏼
Yo que soy madre soltera de mellizas para conciliar me va mucho mejor la jornada continua.
Como educadora e nai vexo cada día como o rendemento do alumnado e dos meus fillos baixa chegado unha hora, polo que non considero que a xornada partida sexa beneficiosa, se non todo o contrario, sería un paso atrás no rendemento académico.Outra cousa é a conciliación, que cando menos usar aos centros como un medio para conciliar é desviar o tema ao que realmente teñen que facer, CREAR políticas de conciliación REAIS para ás familias sen sacrificar o benestar dos nenos e nenas.
La jornada partida fastidia el poco tiempo que tienen los niños para hacer deberes y estudiar
Continua e suficiente
Creo que lo mejor es la jornada continua y asi por la tarde los peques poder realizar otras actividades o clases particulares si fuera necesario. Creo que en la jornada partida salen tan cansados que ya no tienen ganas de nada. Y a modo familia tambien nos perjudicaria.
Tendo en conta que hai moitos nenos que van a hora madruga, máis a xornada lectiva e o comedor, se a xornada faise partida os nenos estarían moitas máis horas na escola, tamén que moita xente traballadora non sae do traballo ata as 15 horas polo que lle é imposible recoller aos seus fillos e levalos a casa a comer coa xornada partida.
Os horarios dos menos non deben adaptarse aos horarios laboráis dos pais. A conciliación debería ter en conta os dereitos da infancia.
Los niños merecen tiempo libre, juego libre, interactuar con amigos, no mas horas lectivas en un colegio. Por lo que debemos luchar es por jornadas reducidas y conciliaciones, no por aumentar el tiempo de colegio. Pero claro, a algunos colectivos no les interesa, así que mejor darle la vuelta a la tortilla y pagarlo una vez más con los niños, que no pueden defenderse. Luego vienen cuatro iluminados que trabajan en la privada, que dicen ser expertos, diciendo que es mejor para los niños. No, no lo es. Lo es para su bolsillo, porque el dinero es el dinero, y cuanto más, mejor. ¿Perdona señor/a, usted dónde está mejor? ¿En su casa o en su trabajo? Los profesores tienen la suerte de tener tardes libres, ¿genial no?, aunque muchos dediquen su tiempo libre a preparar las clases. ¿Por qué volver atrás y quitarle también a ellos el derecho de tiempo libre de calidad? Perdona, pero quien no pueda atender a sus hijos, que no los tenga. Aquí mi reflexión hippie :)))) (Este tema me tiene muy enfadada, nótese mi comentario)
Os nenos necesitan tempo de lecer despois do cole
El poner jornada partida sería retroceder 20 años esto sería cambiar el bienestar de los niños por el bienestar de los padres y creo que está muy claro que tiene que primar el de los niños
A infancia ten dereito a tempos de descanso e ocio coas súas familias. A conciliación laboral das familias non consiste en implementar a xornada partida nos centros
Se puede conciliar mejor trabo cole. Y los niños pueden disfrutar de los padres
Parece me mellor para conciliación familiar
A cornada partida e moi cansada para os rapaces