Proxecto interdisciplinar


CURSO ESCOLAR 2023/2024

"As  Castriolimpiadas"

Neste curso escolar tócanos vivir as Olimpiadas, que serán concretamente en xullo-agosto do 2024. Polo que durante todo a ano o alumnado traballará como proxecto común de centro "As Castriolimpiadas". Unha ocasión perfecta para mergullarnos de cheo nos diferentes deportes existentes e coñecer todo o relacionado coas probas olímpicas.

Como cada ano, o Anpa súmase ao proxecto do centro e as actividades propostas dende a Directiva, como o entroido, saídas culturáis... que irán sempre encamiñadas seguindo a liña do proxecto interdisciplinar escollido en consenso polo profesorado.









CURSO ESCOLAR 2022/2023

"Cangas, vila mariñeira"


Todo o alumnado traballará este ano o noso pobo como unha vila estreitamente ligada ao mar. De ahí o título do proxecto anual "Cangas, vila mariñeira".
Dende o centro consideran fundamental que os estudantes coñezan de primeira man o lugar no que residen, a súa cultura, a súa forma de vida.


A economía de Cangas sempre se baseou na pesca, na caza e comercialización da balea, na industria conserveira... en base a todo isto, aprenderán contidos relacionados coa pesca, os tipos de pescados, os faros, o marisqueo, as redeiras, a fabrica de Massó... cousas que están tan presentes no noso día a día e que moitas veces nin o apreciamos nin lles damos o valor que se merecen.

Como cada ano, a Anpa súmase ao proxecto do centro e as actividades propostas dende a directiva, como o entroido, saídas culturáis... iran encamiñadas seguindo a liña do proxecto interdisiplinar escollido.









Ano 2015:Podedes ver a dereita a imaxe da nosa mascota como cambiou,  nos acompañará todo este ano.
Neste curso 2015-2015 vaise traballar como proxecto interdisciplinar o tema: Dando a Nota.





No ano 2014, no colexio,  traballouse o proxecto interdisciplinar como tema : A Ecoloxía e o Medio Ambiente.

A imaxe da mascota era a seguinte:






No ano 2013, no colexio,  traballouse o proxecto interdisciplinar como tema : A Publicidade.

A imaxe da mascota era a seguinte:





Atopei un video que explica moi ben o que é a publicidade, pero como non,  fai publicidade dun lugar
omitindo iso quedanos moi ilustrado o que é.




Para reirnos un poco, tomaroslo a chiste.



E como non hemos cambiado a Buli, podedes velo no lateral da páxina do blogger