A Anpa ten o pracer de anunciar a celebración dunha charla informativa sobre altas capacidades, dirixida a familias, profesorado e toda a comunidade educativa interesada en coñecer mellor esta realidade.
DATA DO EVENTO: VENRES 17 ÁS 16:30H
Durante a sesión abordaranse aspectos clave como a identificación do alumnado con altas capacidades, adaptacións curriculares, as súas necesidades educativas e emocionais, así como estratexias para acompañar o seu desenvolvemento tanto na aula como no fogar.
Esta iniciativa busca fomentar unha maior sensibilización ademais de ofrecer ferramentas prácticas para apoiar a este alumnado, promovendo unha educación máis inclusiva e adaptada á diversidade.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade, impartida pola Asociación Inventiva, unha asociación sen ánimo de lucro de nenos e nenas con inquietudes intelectuais, talentos ou altas capacidades da provincia de Pontevedra.
Sen dúbida será de gran interese e utilidade.
A duración aproximada do evento será de 2 horas. Haberá servizo de coidador/a no centro para aquelas familias que precisen deixar os cativos.
INSCRICIÓNS NA SEGUINTE LIGAZÓN:
https://forms.gle/2AvbhRFxbkxtphYRA
