5/08/2023

ACTIVIDADES para ESCOLARES (MAIO 2023)

 

DOMINGO 7

Cross de Riomaior (Vilaboa)


SÁBADO 13

Festa do Muiño de Fausto (Coiro)


DOMINGO 14

Cross de Tirán

As inscripción podemos facelas a través desta ligazón e os dorsáis recóllense no mesmo día.
(A data límite para anotarnos é o 10 de maio).

Fomulario de Inscripción: Inscríbete aquí

Mais información: anpamadreboa@hotmail.com


Festa do Muiño de Fausto (Coiro)



MÉRCORES 17 (Día das Letras Galegas)


Romería do 17 (Darbo)













XXVIII  Xornadas de Atletismo Base (Estadio Municipal de Atletismo)

Organiza Club de Atletismo Vila de Cangas. 

Os rapaces e rapazas incritas participán en 3-4 probas da súa categoría. Estas xornadas están abertas a todos os centros escolares da zona.

Toda a información aquí: https://www.dropbox.com/s/d1svmmchcg7teod/2023.20230505135906.pdf?dl=0&raw=0



VENRES 18

Contacontos

Na Biblioteca de Darbo ás 18.00h. "Carabranca" presentada por Iria Pinheiro












Contacontos

Na Biblioteca M. Central. De 17.00h a 19.00h.

Idade recomendada: de 4 a 10 anos










SÁBADO 20

Actuación de Brais das Hostas e Peter Punk . "Concerto Pinkinfantil" 

Dentro da programación para as familias pola comemorativa das Letras Galegas 2023, haberá actuación de Brais das Hostas e Peter Punk no Eirado do Costal, ás 18.00 h.












DOMINGO 21 

Cross de San Roque

O prazo para inscripcións remata o 12 de maio e non se admitirán mais participantes no propio día.

Os dorsais entréganse no centro de San Roque, xunto coas merendas, ás 10.00h

Mais información e inscripcións aquí:  https://www.dropbox.com/s/0lo675rpxo3bffk/INFO%20ANPAs.20230505140554.pdf?dl=0&raw=0



SÁBADO 27

Espectáculo de Troula animación

O espectáculo "O estrano caso do dentista da rúa Brasov" estará presente polas rúas de Cangas as 18.00 h.


MARTES 30

Contacontos

Na Biblioteca de Coiro, ás 18.00h,  "Amadeo e as historias do galiñeiro" de Raquel Crespo.









MÉRCORES 31

Robótica creativa 

Na Biblioteca do Hío. Ás 17.30 h



4/28/2023

CROSS 2023. Toda a información

Como xa todos e todas sabedes, o domingo día 30 de abril celebrarase o XXIV Cross Escolar en Castrillón.

Trátase dunha actividade deportiva que realizamos anualmente polos arredores do colexio e que nestes últimos anos estivo "parada" por mor da pandemia. Soe levarse a cabo o último fin de semana de abril e a súa participación está aberta a todos os colexios da contorna: Ceip A Rúa, Ceip Nazaret, Ceip San Roque... Moaña, Bueu, e este ano non iba ser diferente.


Dende a Anpa queremos que a escola forme parte activa do deporte escolar da Comarca do Morrazo, congregar a numerosas familias e pasar unha bonita xornada.  A súa finalidade non é outra que a de promover o deporte e a actividade física, a convivencia entre o alumnado de diferentes centros escolares e a competición saudable. Polo que, grandes e pequenos, papás e mamás, avós e avoas, familia, amigos... estades todos convidados á carreira mais popular da contorna!!

Aproveitamos este medio de comunicación para deixarvos toda a información sobre o evento e así poder solventar algunha dúbida ou cuestión que poida xurdir.

A competición, igual que todos os anos, será so de mañá. Dará comezo ás 10.00 h e a orde de participación será a seguinte.

- Prebenxamins (nados en 2015-2016)
- Benxamíns (nados en 2013 -2014)
- Alevíns (nados en 2011-2012)
- Infantís (nados en 2009-2010)
- Pitufos (nados en 2017-2019)
- Cadetes (nados en 2007-2008)
- Popular e Pais/Nais (nados en 2006 e anteriores)

Cada categoría terá á súa vez, carreira en modalidade feminina e carreira en modalidade masculina.

Os participantes estarán provisto de dorsal cos seus datos de inscrición (cada un debe levar o seu facilitado pola Anpa do seu colexio). Uns minutos antes do comezo de cada proba, seredes avisados por megafonía para situarse nas respectivas saídas.
Ao remate de cada carreira facilitase comida e bebida individual a cada competidor/a para repoñer folgos (bolsa de merenda con froita, bocata, auga...).


(Rogamos que nas categorías mais pequerrechas, deixemos correr ós cativos sós ao seu aire. Podemos, por suposto, animalos dende os laterais, pero non é preciso correr con eles ou apuralos a facer a proba. Para eles é un xogo en común cos seus compañeiros e debería seguir sendo así)


Achegamos o mapa do percorrido que se vai realizar. Sempre será na contorna do colexio, rematando todas as probas na entrada ao pabillón. As saídas, dependendo a categoría, serán diferentes pero haberá cintas e vallas para guiarnos e persoal en cada zona indicando o camiño a seguir, non hai perda!!











As distancias de cada proba serán as seguintes:




Tras a finalización completa do evento outórganse os trofeos aos gañadores de cada carreira, e sortearemos unha morea de agasallos!!!


Recordamos que se algunha persona quedou sen anotarse, poderá facelo o propio día na mesa de inscripcións situada no colexio!


Por ultimo, recordamos que a carretera estará cortada, dende o cemiterio de Coiro ata o Cruce da Rosada, polo que aconsellamos vir con tempo.



Para calquera outra dúbida podes poñerte en contacto con nos!



Queremos, dende toda a directiva da Anpa, dar as GRAZAS a todas as empresas e persoas colaboradoras que aportaron o seu gran de area para que esta actividade se levase a cabo un ano mais.






MIL GRAZAS E VÉMONOS O DOMINGO!!