4/28/2025

AGRADECEMENTOS CROSS ESCOLAR

 O pasado 27 de abril celebramos no noso centro un deses eventos que xa forman parte da vida do cole: o noso cross escolar. Foi unha xornada chea de deporte, compañeirismo e moitas ganas de pasalo ben, na que o alumnado deu o mellor de si, desde os máis cativos ata os mais maiores.

O ambiente non puido ser mellor: familias animando, profesorado implicado e nenos e nenas gozando do deporte ao aire libre, demostrando que correr xuntos sempre é máis divertido. Máis alá da competición, o obxectivo principal era fomentar hábitos saudables, o esforzo persoal e, sobre todo, a convivencia.

Queremos destacar tamén a colaboración e o apoio recibido, que foron fundamentais para que o cross saíse adiante. En especial, queremos agradecer aos comercios e establecementos da zona polas súas doazóns, á empresa Hidronav Marine pola elaboración e financiación dos dorsáis e á Deputación de Pontevedra pola subvención destinada á sufragar o custe das medallas, permitindo que todas e todos os participantes levasen un pequeno recordo do esforzo realizado. 

Dende a ANPA queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron dun xeito ou doutro: organización, voluntariado, familias e entidades colaboradoras. Sen este apoio, actividades como esta non serían posibles.

Seguimos traballando para que os nosos nenos e nenas poidan gozar de experiencias educativas, deportivas e divertidas coma esta! 💙











3/27/2025

CROSS ESCOLAR 2025

 A ANPA FORNOBEDO organiza este ano unha edición máis do Cross escolar e popular CEIPP Castrillón, o derradeiro domingo de abril. Xa imos pola XXVI edición!!!!

DATA DE CELEBRACIÓN: 27 de Abril do 2025

HORARIO: A partir das 10:00 horas.



A tal fin, queremos convidar a todo o alumando e familias a participar nas diferentes probas, atendendo ás seguintes categorías segundo a ano de nacemento.

● PITUFOS 3 anos ……………………2021

● PITUFOS 4 anos ……………………2020

● PITUFOS 5 anos …………………...2019

● PREBENXAMÍNS………………... 2017-2018

● BENXAMÍNS…………………….. 2015-2016

● ALEVÍNS………………………… 2013-2014

● INFANTÍS………………………… 2011-2012

● CADETES………………………… 2009-2010

● POPULAR………………………… 2008 e anteriores


Como ben saberedes, non só está dirixido a alumnado e familias de Castrillón senón que tamén serán invitados a participar outros colexios de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa.

As inscricións realizaranse a través dun formulario online que vos faremos chegar. 

Cada centro ou zona terán o seu formulario propio de inscripción para facilitar o proceso de realización de dorsáis. O prazo límite de inscricións será o domingo 20 de Abril ás 20:00h.


Inscripción exclusivas do CEIPP Castrillón:  

https://forms.gle/EpeiiufFnpevT6Tq5


Inscripción exclusivas doutros centros educativos de CANGAS:   https://forms.gle/E4ZyWT4674QsYp2B6


Inscripción exclusivas de centros educativos de MOAÑA:   https://forms.gle/Rgh4hD3dewuhx6KQ7


Inscripción exclusivas de centros educativos de BUEU:   

https://forms.gle/g79QtPLez263fcC87


Inscripción exclusivas de centros educativos de VILABOA:   https://forms.gle/NwmK3LPV5YVMRM5C8


Inscripción exclusivas de CLUBES DE ATLETISMO:   

https://forms.gle/YsTj9Yn65ecaGWS88


A entrega de dorsais do cole Castrillón será a través do propio alumnado e para a entrega de dorsáis doutros coles teremos 2 opcións:

- Recollida previa no Colexio Castrillón na semana do cross (última semana de abril)

- Recollida no propio día do cross antes das 10.00h. Neste caso cada centro participante deberá asignar a una persoa responsable de recoller os dorsais, nas mesas habilitadas a tal fin, antes do inicio do cross e repartilas entre os seus inscritos.

Está permitida a inscrición o mesmo día ata o comezo do mesmo, que será ás 10:00h hora límite.

A orde das carreiras será a seguinte: prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, pitufos, cadetes e popular/pais/nais, na súa categoría masculina e feminina. Esta orde pode alterarse en función das condicións meteorolóxicas ou organizativas.

Ó remate das carreiras haberá entrega de premios en todas as categorías e sorteo de agasallos entre todos os participantes das probas.


Así mesmo, detallamos a continuación, as distancia e o percorrido de cada categoría.




Por último, aconsellamos vir con tempo para aparcar e dispoñerse na liña de saída das probas sen dificultade, xa que algúns dos accesos próximos ao cole estarán pechados por seguridade





Esperámosvos o día 27!!  Será unha bonita xornada!!