10/30/2013

Cómic "Os perigos de Internet"

O Valedor do Pobo e a  Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende acercar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden encontrar os menores de edad no uso das tecnoloxías e de qué maneira seus comportamientos poden chegar a alterar a convivencia normal nos seus fogares.





Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a @s escolares, naveguen con tino pola Rede.
    

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudar a emprender unha navegación responsable e útil.

Nota informativa

Poñemos o voso coñecemento que tal e como recolle o DOG do 6 de xuño de 2013 no que aparece o calendario escolar do curso 2013-2014 figuran como días non lectivos:
  • O 31 de Outubro de 2013 (día do Ensino)
  • O 1 de novembro de 2013 ( festividade de tódolos santos)

Polo que non haberá clases nin actividades extraescolares pola tarde.
As clases reanudaranse con normalidade o próximo luns 4 de Novembro.
A Dirección

XVIII CARREIRA PEDESTRE “SAN MARTIÑO”

Bueu
10 NOVEMBRO 2013